Soledad Penalta entrega a súa meditación a Isaac Díaz Pardo

Pequena meditación dunha existencia nun camiño arduo
(autora: Soledad Penalta)

Porque hai obras, sen dúbida, que son fariña doutra muiñada, que impactan non só polo que expresan senón tamén polo xeito de como o fan. Digamos que as ideas son coherentes co continente e ambos, na súa calidade, entra en simbiose dende a estética. Iso é o primeiro que nos vén á mente ao vermos a obra que Soledad Penalta entrega ao Alento Esbravexo para que lla fagamos chegar a Isaac.

Pequena meditación dunha existencia nun
camiño arduo 
(autora: Soledad Penalta)
A peza -de 61'5 por 52 e 35 centímetros de longo, largo e alto, respectivamente- está elaborada en aceiro inoxidábel. Sobre este soporte, e de forma manuscrita, a autora grava ideas léxicas para conformar outras ideas estéticas; e cicela palabras que traspasan ambas caras dunha fita albiceleste. Esa trénzaa con láminas metal, tal fosen vimbias para un cesto no que se recolle unha seitura de palabras que fan danzar ás bailadoras e bailadores.

A escultora, académica numeraria da Real Academia Galega de Belas Artes, con detalle informa da súa obra, "Pequena meditación dunha existencia nun camiño arduo". E faino como segue:

"Isaac Díaz Pardo. É unha recepción cordial, afable, vestido cunha escura bata de traballo moi gris, é ollos escrutados, limitados por enriba, polos arcos das dúas duras cellas que parecen sostener a estreita testa esculpida con profundas engurras, gravadas pola práctica da concentración forzada... no que é importante, a impulsos da súa teima vital. Facer. 
Pequena meditación dunha existencia nun 
camiño arduo 
(autora: Soledad Penalta)
É palabras pronunciadas con estraña musicalidade, cun ritmo baixo lixeiramente estridente, o importante, o que sexamos capaces de facer, o ben feito, o Mellor, o excelente, o para sempre.
Isaac diversidade de viaxes, exploracións con sentido, busca de ritmos e a súa harmonía, imaxes, formas, formas de formas, posibilidades, obras, deseños, símbolos, linguaxes, mensaxes, textos, publicacións, memorias, memoria histórica, presenzas, sen esquecer, unha cor.
Isaac está arquivado xunto coa querida MININA, o seu íntimo amigo da infancia, o unico Mario Granell, a tenaz Oliva, o estraño Eugenio, Andrés, Camilo, Xosé e outros seres humanos de alta calidade, todos por camiños da nosa cultura que me merecen unha profunda meditación".

Pois esta peza entregada por Soledad Penalta é un deambular polo recordo (polos recordos), un seguir facendo camiño ao pisarmos por onde pisou o artista, navegarmos por mares de vida branca e azul, sen dúbida cobalto, sen dúbida galega, sen dúbida polos mares por onde singraron aquelas persoas que, como Isaac, son imprescindíbeis.

Parabéns por peza tan marabillosa e beizóns á súa autora: Soledad Penalta!!

Pequena meditación dunha existencia nun camiño arduo 
(autora: Soledad Penalta)


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Ana de Vilatuxe, Isaac e a tecelá de soños

Loli Suárez e un café con Isaac

Por ti, Isaac, volveriámolo facer!