De Xosé Val Díaz a Isaac Díaz Pardo

O artista Xosé Val Díaz sempre se caracterizou polo seu compromiso coa terra, coa lingua e coas persoas que fixeron deste país chamado Galiza un lugar do que se sentir fachendoso. Por iso Valdi -nome polo que tamén é coñecido- acompáñase non só de arte, reividincación e coherencia, senón outrosí de valentía. Sempre se arrodea dos que lle cantan e recitan á terra, polos xermolos que fan agromar país... E así el respira!

Este autor de Castroverde, afincado en Sada e outrora veciño de Euskal Herria, foi quen de elaborar as esculturas do Paseo dos Soños (Vilalba), no que se homenaxea a distintas persoanalidades que gustaron de crear letras e arte dende o galego.

E ese compromiso coas persoas que entregaron suor pero tamén xenealidade con Galiza maniféstao na seguinte peza que crea para lembranza de Isaac Díaz Pardo. A mesma, vén acompañada polo texto que aquí se reproduce. 

Ben haxa, Valdi! Saúde!

O artesán: Xosé Val Díaz  (Valdi)

Creador de esta obra. Con ela pretende denunciar a falsía da maioría dos accionistas de “Cerámicas Sargadelos”, que traizoaron o seu creador e mentor: D. Isaac Díaz Pardo.  Sendo vendido con falsía manifesta; despois de ser el quen os provee de accións de dita empresa, o que permitiu vivir dignamente. “Accións que utilizaron para traizoalo”. Por esta razón, esta obra foi realizada nun material denominado: porexpán; con aparencia de cerámica, converténdoa nunha obra fraudulenta. Dotándoa dunha lenda que reza da seguinte maneira; igual que a maioría dos accionistas de Sargadelos.  “FALSA”


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Por ti, Isaac, volveriámolo facer!

UNHA MANDA DE ANTONIO QUESADA RODRÍGUEZ PARA ISAAC DÍAZ PARDO

Ana de Vilatuxe, Isaac e a tecelá de soños