Versos de Eva Veiga para Isaac Díaz Pardo


Comenta a poeta Eva Veiga, ao nos enviar a súa manda-homenaxe a Isaac Díaz Pardo, que esta iniciativa que desenvolvemos dende o Alento Esbravexo resulta moi necesaria, "porque é un acto de amor colectivo para quen tantísimo nos deu, tan merecido. E un acto de amor é, ao meu entender, un acto revolucionario, tal vez o máis efectivo e, se cadra, a día de hoxe un dos poucos realmente posibles. É unha Ética e unha Estética".

Esta autora das terras do Eume, tamén actriz, tamén xornalista que outrora desenvolve un importantísimo papel en diversos programas culturais da TVG, é unha das voces máis acreditadas da lírica galega. Quizais deberiamos medir os versos d'Distancia do tambor para certificarmos esta afirmación, ou lermos Soño e vértice, ou sermos donos do Silencio Percutido... Porén, bastaría con saber os recoñementos e galardóns acadados, mais seguramente o mellor de todos é aquel que o público lle entrega acotío co seu aplauso. E por algo será!!

Ben haxa, poeta; beizóns polo agasallo do verso!


                       Lembrando a Isaac Díaz Pardo


       por entre as mestas sombras

       da infamia e da ignorancia

       un home bo e xeneroso

       vén  abríndolle as portas á luz

       co sinxelo e sabio aceno do porvir

 

                                                 Eva Veiga


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Ana de Vilatuxe, Isaac e a tecelá de soños

Loli Suárez e un café con Isaac

Por ti, Isaac, volveriámolo facer!