E a Isaac Díaz Pardo chégalle a manda de David Otero

Avelino Pousa Antelo e Isaac Díaz Pardo

Quizais poucas persoas ignoren as actitudes e capacidades de David Otero. Quizais poucas descoñezan a súa total militancia dende a palabra "do galego", dende o seu amor á Terra -en xeral- e á Terra Galega -en xeral tamén-. Porque neste espello só existe un reflexo posíbel: aquel que ama o idioma, a Galiza, o pobo (e os pobos) e a cada un dos seres vivos. Certificamos que o seu Alento Esbravexo ten que ver con iso, pero tamén coa memoria, coa dignificación de persoas como Isaac Díaz Pardo, Avelino Pousa Antelo, Camilo Díaz Baliño e outras... Velaí que o ensaísta, autor de biografías sobre Castelao e Bóveda, Dieste e Ferro Couselo, non sexa deses laretas e leiriantes que tamén abundan, porque as persoas de palabra distínguense nos seus actos: "Para iso está o futuro", para comprometerse co legado. Tal e coma el se compromente, entre outras frontes de dignificación nacional, no rescate da memoria de Díaz Pardo.

O David defínese así: 

"Son DAVID OTERO. Un galego que (se) busca. Un lucecú que non quere apagarse aínda, pero que nota como a enerxía da súa materia nacional, tendo masa e substancia, perde velocidade. Desacelérase. Pero con homes máis que nomes tan humanistas como Isaac decateime ter casa e que debía conxugar o verbo facer para así posuír(mos) moitas cousas en común e irnos liberándonos de cargas. Na exemplariedade de Isaac, na súa enorme narración, o meu foi un descubrimento lector que se fixo conversión e asemade posta en militancia. Canto me axudou a mover e remover! A respirar largo. A moitos puntos e seguido".

E ao tempo que se define, defende dende o verso, este que -tal serpease dende o Pedregal de Irimia para desembocar no corazón do país- reza así:


“Isaac… non poñas cara de ser o non ser…Vale?”
Porque é así… tal como cho digo... 
Ti es…

Ben haxa, David!!!



Podes descargar todo o poema se premes aquí





Comentarios

Publicacións populares deste blog

Por ti, Isaac, volveriámolo facer!

UNHA MANDA DE ANTONIO QUESADA RODRÍGUEZ PARA ISAAC DÍAZ PARDO

Ana de Vilatuxe, Isaac e a tecelá de soños