Publicacións

Francisco Fernández Naval e Isaac Díaz Pardo

Imaxe
Dise poeta e narrador, e que durante 43 anos traballou na administración pública. Porén, Francisco X. Fernández Naval é bastante máis. Non menos de tres ducias de obras ten no seu haber, abarcando os xéneros narrativo, poético e ensaístico; mais tamén conta con varias traducións e outras tres ducias de obras de participación colectiva. Porén, con Maribel Longueira elabora seis títulos que agrandan o xa inmenso e valioso currículo... laureado con varios premios e recoñecementos.  Perante tan fértil produción ben se ve en que dedica o tempo esta persoa destacadísima do panorama cultural galego. Mais isto non o priva de saber achegarse até nós para facilitarnos unha súa manda co obxecto de ter presente a Isaac Díaz Pardo.  Resultan importante todas as colaboracións que nos foron chegando para honrar ao mestre do caolín, cada unha dende unha particular visión, tendencia, arte... Por iso, nunca nos cansamos de dicir -teñamos ou non o Alento Esbravexo- que este proxecto serve para a...

Haiku de Mariña Maceiras para Isaac Díaz Pardo

Imaxe
Haiku e imaxe de Mariña Maceiras Para recordar a Isaac, ou a obra, Mariña Maceiras envíanos unha imaxe dunha peza cerámica de Sargadelos cun nobelo de la no seu interior.  Ovella (cerámica de Sargadelos) Realmente a figura está destinada a ese uso concreto, por iso Mariña advirte: " Encantoume esta ovella porque me gusta facer punto de cando en vez.  E pensei nun haiku en homenaxe a Isaac ".  Como vemos, a autora da imaxe tamén elabora un haiku na honra de Isaac. Este tipo de composicións poéticas xaponesas son sinxelas na forma, mais  ateigadas de contido e, de cando en vez, con referencias encriptadas á estación do ano na que se compoñen. Só conta de tres versos, carentes de rima, pero cunha métrica concreta: 5, 7 e 5 sílabas, respectivamente.  A autora para nada é allea ao idioma e á cultura do país... Pois malia a súa mocidade (naceu en 2005) xa ten colleitado unha seitura de recoñecementos galegos que fan entrever cal pode ser o seu futuro. Mais sexa cal fo...

Farruco e as présas de don Isaac

Imaxe
Isaac Díaz Pardo (fonte: Nós Diario) Xosé Luís Bernal "Farruco" quixo darnos hoxe, como é habitual nel, o seu chisco de alegría. E faino lembrando a Isaac, sempre áxil polas rúas de Compostela, e valéndose dun recordo que outrora publicara o seu irmán Diego Bernal.  Farruco, como sabemos, é un destacado humorista e actor galego que ten colaborado nunha manchea de emisoras de radio (Radio Galega, Ser, Onda Cero...), televisións (TVG)... e  participado como actor en filmes e series televisivas. Amais disto, é autor dun libro titulado Eles e máis eu. Compostelaneado , que veu a luz recentemente.  Ninguén, que xa sobrepase os corenta anos, pode non coñecer a Xosé Luís Bernal, así e todo sempre é unha ledicia bater con el polas rúas de Compostela. Quizais a próxima vez que o vexamos teremos que saudalo cun "siga ben, don Xosé". Ao que el seguramente arrebolará: "o que ten que seguir ben é vostede". Velaquí fica o seu tributo a Isaac, logo de termos lanzado urb...

Isaac, Antom Santos e o sentido prático

Imaxe
Luís Seoane López, Ramón Otero Pedrayo, Xosé Rey Romero e Isaac Díaz Pardo. Visita ao Museo Carlos Maside (Sada 1971) A colaboración de hoxe chega da man de Antom Santos, escritor e xornalista que forma parte do consello de redacción do portal galizalivre.com. Este doutor en historia contemporánea sinala que fica " Encantado de participar dumha iniciativa que recupera a memória da nossa afirmaçom nacional, e em particular dumha pessoa que trabalhou, em campos mui diversos e nas circunstáncias mais adversas, por umha causa nobre ". A xeito de manda, Antom achega un texto que bebe -no fundamental- dunha entrevista que lle fixeran a Isaac Díaz Pardo por volta do ano 2000. Nesta contribución vemos a relación de Isaac con Castelao, as súas ideas, as súas teimas, a súa desesperación e a súa valentía. Por isto, non cómpre parafrasear este marabilloso texto, senón entregalo na súa integridade para que a persoa lectora o vaia debullando devagar. De seguro ha bater con aspectos ben int...

Lourdes Maceiras, a cabaza-botella e a auga

Imaxe
Lourdes Maceiras, dende a Universidade de Vigo, tráenos unha imaxe dunha cabaza-botella coa que rememora un dos recipientes deseñados en Sargadelos. A súa silueta fainos lembrar esas cabazas que, secas e sen sementes, portaban auga nos bordóns das persoas que peregrinaban a Compostela. Recende, logo así, á tradición de hai máis dun século e que conecta directamente co medievo europeo (e galego); recende a estampas costumistas dunha cidade universal que soubo atraer ideas doutros lugares pero tamén foi quen de estender as propias e singulares deste país.  Pero Lourdes vai moito máis  aló, pois reclama a voz de Díaz Pardo e dío así: " Isaac, hoxe e sempre! Coma auga, fonte de vida ". A autora, na súa correspondencia connosco, sinala: " Neste momento estou a traballar sobre temas de Hidroloxía médica e tamén do Camiño Xacobeo, e a cabaza-botella, con factura da inconfundible cerámica á que deu vida Isaac, une a Auga e o Camiño. É imposible non sentir a auga e a pedra miránd...

José Mª Monterroso e um requiem por Ediciós do Castro

Imaxe
Esta manda que compartimos con todas e todos vós procede de José-Maria Monterroso Devesa-Juega, un reputado escritor galego que conta cunha manchea de libros enmarcados nos xéneros poético e ensaístico. Entre os anos 1988 e 1991 foi presidente da Asociación Cultural "O Facho", entidade que nace en 1963 co obxecto de defender o idioma galego, o que supuxo un claro embate político contra a ditadura franquista. Moterroso, ademais, é membro fundador da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e da Associaçom Galega da Língua . Coa súa manda, o autor, de pluma decida e contundentes palabras, busca sen dúbida remexer nas conciencias daquelas persoas que propiciaron a deseparición por "morte matada" de Ediciós do Castro, amais de nos trasladar a todas e todos a responsabilidade de non "calarmos  perante tal feito". E dillo non só ás autoras e autores que tiveron a sorte de publicar algunhas obras nesta editora senón, ademais, ao lectorado que foi q...

Xosé Quintas Canella, Isaac e o angazo

Imaxe
E que ben canta e recita Xosé Quintas Canella, ese artista de Ourense ben coñecido a partir de 1966. A súa música e a súa voz ouvironse na RTVG, na TVE, por Galiza, Catalunya e España... Porque se Voces Ceibes tiña un estilo ben marcado e identificativo, o de Ánxel Barbadillo -grupo do que formou parte- tamén o posuía. Este inclinábase máis pola cantiga medieval galega (ou galego-portuguesa), sobre todo mercé dos instrumentos que tocaba Eloy Vázquez, concretamente o laúde, a zanfona, a guitarra, o contrabaixo, a cítola e o rabel... Quintas e os restantes membros do grupo participan no primeiro festival folk galego que se celebra en Compostela nun pavillón polideportivo ateigado de milleiros de persoas (1975). Mais cómpre facer fincapé noutros aspectos del que, de momento, non se recollén en ningunha monografía ou dicionario de autoras e autores. Por unha banda é un grande orador, que sabe emocionar con esa voz rouca e valente, pero por outra tamén resulta ser un gran poeta. David Otero...