Publicacións

Recordos en tren de Ignacio Castro sobre Isaac Díaz Pardo

Imaxe
Filósofo, escritor, crítico de cine, profesor e ensaísta... é Ignacio Castro . Os seus artigos de colaboración aparecen en revistas como Anthropos , Archipiélago , Sileno  e Microfisuras , alén de ver a súa sinatura semanalmente no  Huffington Post . Algúns de nós coñecémolo a través da súa obra, e máis concretamente daquela titulada Alén da fenda: por unha filosofía do absoluto sensible . Porén, o que xira ao redor da elaboración de Roxe de sebes resulta unha historia fantástica de retiro físico e espiritual que cumpriría relela, analizala, pois quizais poida axudar nas nosas vidas. Fantástica tamén é a manda que el nos entrega para celebrar a existencia de Isaac, e elabóraa a xeito de relato marabilloso, logo de vivir certa experiencia no vagón dun tren. Velaquí esta alfaia. Beizón, saúde e palabra SÓ UNHA HORA Unha tarde de hai facilmente corenta anos. Probablemente máis. Un compartimento daqueles trens de antes, divididos, angostos, con portas que o separan do corredor. D...

De Xosé Fuentes Alende e Isaac Díaz Pardo

Imaxe
Xosé Fuentes Alende é un dos galegos que dentro do eido da investigación antropolóxica e etnográfica ten destacado e destaca de xeito faiscante. Numerosísimos son os seus estudos publicados en revistas de investigacións, algúns tan interesantes como aquel que versa sobre o bautizo prenatal na Ponte do Ramo (Cuntis), porén sobresaen aqueles que teñen que ver cos exvotos e a relixiosidade popular. Por mor destes últimos foi merecente do I Premio de Investigación Olimpio Arca Caldas (2017), convocado polo seu concello natal, Cuntis. Moitas e moitos de nós recordámolo no Museo de Pontevedra, ocupando o seu despacho como secretario técnico (función que desempeña entre 1991 a 2014)... Dende o punto de vista intelectual, destacamos a súa rigorosidade; e dende o eido persoal, a súa calidade humana e amabilidade. Por iso é unha honra poder contar con Fuentes Alende nesta homenaxe a Isaac Díaz Pardo, e que participen membros do Museo de Pontevedra como el ou Carlos Valle resulta aínda moito máis...

Dolores Rodríguez Pazo, Víctor Mejuto e Isaac Díaz Pardo

Imaxe
Isaac (fotografía de Víctor Mejuto) Profesora e licenciada en filoloxía inglesa é Dolores Rodríguez Pazo, investigadora que ten elaborado estudos comparativos interesantísimos entre a obra de Xosé Neira Vilas se a escritora irlandesa Alice Taylor. Esta manda que nos entrega, para homenaxear a Isaac Díaz Pardo, vén acompañada dunha foto da autoría de Víctor Mejuto , xefe de fotografía do xornal La Voz de Galicia. A este respecto, Dolores indica: " Escollín esta foto porque reflexa o que quero manifestar: ese home miudiño que foi quen de crear unha obra tan grande e tan magnífica. Nela aprécianse as magnitudes, as diferenzas de tamaño: esa antítese que é o que me gusta máis desta foto ". Rodríguez Pazo achega a súa manda a modo de relato e recorda a esa persoa, Isaac, que foi quizais unha das que máis apertas ten recibido, e coidamos que non só polo entrañábel que era, senón tamén pola gratitude que todas e todos lle debíamos e debemos. Dolores entra, xustamente, nesa liña tan...

Xulio Xiz, con 100 parabéns para Isaac

Imaxe
Quen parole con Xulio Xiz cae na conta, cando menos, de tres aspectos que se acentúan na súa persoa: primeiramente, é alguén con sabedoría, de esperta curiosidade (quizais a muxica que activa a aprendizaxe e o posterior coñecemento); en segundo termo sublíñase a amabilidade, o trato cordial, o seu saber estar e saber integrar; e nun último aspecto, nel habita o compromiso coa terra, e cando dicimos terra queremos indicar todo aquel continente -inmenso en xeografías e tesouros culturais- que serve de fogar para as súas xentes e para o seu idioma... Velaí logo que ese amor pola palabra se exteriorice nos seus discursos, nos seus proxectos e, como bo xornalista, nos seus artigos e obras literarias. Alén de ser un prolífico escritor, especializado fundamentalmente en biografías, guionista e produtor, queremos resaltar que é un dos fundadores -xunto con Carlos Rodríguez Arias- da editora Ophiusa , da Televisión de Lugo e do coñecido portal de internet Galicia Dixital . Unha morea de recoñ...

A labra pétrea de José Cao para Isaac Díaz Pardo

Imaxe
José Cao é un traballador da pedra, sen dúbida artista, que baseándose na simboloxía ancestral (espirais, círculos concéntricos...) reescribe a historia pétrea daquelas persoas que cicelan a pedra e erguen catedrais... Digamos que nel reside a tradición dos vellos canteiros, pero tamén se albisca o intese por se formar, a curiosidade e a observación das arquitecturas e pezas escultóricas das nosas igrexas rurais.  Así e todo, non se inhibe á hora de incorporar materiais como o ferro ou o aceiro, ou de deixar liberdade á imaxinación para entrar en conceptos anovadores. Pois... velaí que recolla símbolos do pasado -tantas veces relixiosos ou místicos- e lles asigne unha nova lectura e/ou unha nova plástica. Para colaborar na homenaxe a Isaac Díaz Pardo entrega dúas pezas, unha roseta labrada en granito, a xeito de antiga metopa ou canzorro románico, presente en infinidade de culturas pero incluso na simboloxía de Sargadelos; e unha espiral de metal que nos conecta a saber con que or...

Monika Molenda, dende Polonia, honra a Isaac Díaz Pardo

Imaxe
Poder ver en persoa unha obra de Monika Molenda é algo fantástico, pois sen dúbida resulta unha sensación impactante. E podemos comprender dende o Alento Esbravexo que sexa, de momento, pouco coñecida na Galiza, xa que as súas orixes non están nesta terra, malia que leva vivindo connosco varios anos.  Comezaremos indicando que nace en Polonia, estuda escultura nas academias de Breslavia, Varsovia e Bratislava conseguindo especializarse en escultura e medallística. Nesta última disciplina resulta galardoada en Budapest (2006), co Premio Internacional de Medallística. Obras dela son o monumento para conmemorar o 50 aniversario do Levantamento de Hungría (Breslavia 2006) e aquel conmemorativo á Barricada de setembro de 1939 (Varsovia 2011). Malia a súa xuventude, posúe un currículo abraiante, pois alén de colaborar de xeito regular como deseñadora e escultora con distintas casas da moeda europeas, alén de seren expostas as súas obras en non poucas ocasións en Estados Unidos e Europa a...

Cimadevila, Lobato, Losada... e Isaac Díaz Pardo

Imaxe
A historia que aquí imos narrar -antes de que eles comecen a súa- podería ter orixe nunha reunión entre tres amigos que deitan a palabra ao redor dun café. Un historiador, un filósofo e un matemático (todos ademais escritores) conversan sobre a figura egrexia de Isaac Díaz Pardo. E sobre ese triángulo -dende os seus tres vértices diferentes e tres ángulos diversos- van saíndo anécdotas e reflexións sobre o señor de Sargadelos que cumpriría relembrar.  Carlos Cimadevila, profesor e organizador do Seminario da Memoria Histórica (que impulsa Nova Escola Galega), coincide en Rianxo cun mestre do pensamento, Xosé Ricardo Losada, e nese contexto -onde Castelao, Dieste e Manuel Antonio tiveron os seus arrolos atlánticos- chega dende o Pico Sacro coa vela chea de palabras a dorna xeiteira de Xosé Manuel Lobato. Non seremos nós quen analicemos o contido da súa manda, pois deben ser as persoas boas e xenerosas as que beban desa apócema ou menciña que se chama recordo. Adobían os tres as súas...