Publicacións

De Luís Caruncho a Isaac Díaz Pardo (corazón que nunca para)

Imaxe
 Luís Carucho é un deses artistas, músicos, cantautor e regueifeiro que nos enche de ledicia coas súas composicións, que nos enche de vida porque os seus sentimentos vitalistas fanse notar e transmitir ao pobo. Iso non colide con que por veces, bastantes veces, poida ser crítico e contundente.  Gustamos da súa palabra, do seu saber estar para a cultura do país e saber entregar o seu tempo para recordar a persoas coma Isaac Díaz Pardo. E así o fixo nesta ocasión, provisto de zanfona e verbo para cantar a ese "corazón que nunca para". A letra da peza coa que agasalla a Isaac, pero tamén a todas/os nós, di así: "Un galego universal da cultura foi alento impulsor de novas formas e pintor de sentimientos. --- Escritor e rotulista corazón que nunca para testemuña de noutrora coas irmandades da fala. -- Cunha vida dura ás costas sufridor da represión traballache ben arreo sementando ilusións. --- Podendo vivir de artista fíxose aventureiro travesías de cultura que disfruta o mu...

UNHA MANDA PARA ISAAC CHEGADA DENDE OS ANTÍPODAS POR EKATERINA VOLKOVA

Imaxe
A Galicia que Isaac leva na cabeza (Autora: Ekaterina Volkova) Hoxe presentamos unha peza que nos enviaron dende os antípodas galegas, isto é dende Nova Zelandia. Esta alfaia foi realizada por Ekaterina Volkova , unha investigadora rusa que traballa na Universidade de Auckland e que, de cando en cando, se achega a Compostela para se enchoupar da cultura galega (tanto a nivel histórico como actual). Leva varios anos estudando a plástica galega en concreto e a cultura galega en xeral, facendo pequenas mostras e presentacións monográficas sobre pintura, literatura, cartelismo,... Arestora anda a traballar nun proxecto ao que lle deu en chamar "(Re)imaxinando a galeguidade. A cultura visual e a identidade nacional en Galicia" . A peza que lle dedica a Isaac Díaz Pardo e que incluímos en Unha manda de pezas para Isaac titúlase A Galicia que Isaac leva consigo . Cando lle preguntamos en que se inspirou para facer este cadro, díxonos:  " Para a realización deste traballo, insp...

UNHA MANDA DE NOEMÍ LÓPEZ PARA ISAAC

Imaxe
A serea azul (Autora: Noemí López) A presente alfaia que presentamos titúlase  A serea azul  e pertence a unha ilustradora de Lugo chamada Noemí López , aínda que ela di que o seu traballo é o de "contadora de historias con imaxes". E é certo, pois leva xa uns 25 anos dedicándose a isto, facendo unha manchea de traballos para diversos medios de comunicación e soportes. Preguntámoslle que é o que máis lle motiva á hora de crear e dinos: A miña paixón son os libros de ficción para o público infantil e xuvenil e aquí tiven a sorte de facer equipo con escritores como con María Canosa, Antonio Reigosa, Xosé Antonio Neira, Paula Carballeira, Fina Casalderrey, Xerardo Quintiá, entre outros. Así e todo, tamén traballei e traballo ilustrando variados proxectos como libros de texto, guías, cartelaría, animación e impartindo obradoiros e parladoiros sobre ilustración . Respecto á peza coa que quere homenaxear a Isaac a través da nosa iniciativa, comenta o seguinte: Esta serea xorde dunh...

DE HENRIQUE NEIRA PARA ISAAC

Imaxe
Isaac Díaz Pardo (foto extraída de:  https://www.tmagazine.es/diseno/isaac-diaz-pardo/  Xornalista, escritor, investigador, creador visual e historiador é Henrique Neira . Alén do seu labor docente, ten publicado unha manchea de libros e artigos, moitos deles vinculados coa historia, a música e a antropoloxía.  E quixo compartir con todas as persoas de ben un seu poema que conmemora o centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo , a existencia dun xenio, oleiro e soñador, que aínda reside en NÓS. Velaquí os seus versos. Isaac, I , fica así Oín: é xenio, o mínimo. A terra carreta aí, cerámicas, osa cima recia: sal ensaiar raias nelas. Soñaba xa baños: a cor, a da roca, azul luza. É trofeo, oe, forte: e se Isaac o toca, así asume musa, lene materia, aire. Tamén el. E velaí ía leve, aire tras arteria.

DE TAREIXA NAVAZA A ISAAC

Imaxe
Detalle do Santiago Matarratas (deseño de Isaac Díaz Pardo) Tareixa Navaza é unha recoñecida xonalista galega que exerceu a súa profesión en medios como a Cadena SER e TVE, amais de entregar os seus textos nunha manchea de cabeceiras, entre as que podemos citar as d' A Nosa Terra , Xornal de Galicia , La Voz de Galicia e El Correo Gallego ... Moitas persoas recordámola por ter retransmitido a chegada a Galiza dos restos mortais do escritor de  Sempre en Galiza , Afonso Daniel Rodríguez Castelao (1984). Desta volta quere agasallar a Isaac con esta fermosura de texto: " Xuño 1987. Entrega dos premios Santiago, creados por Manuel Lombao, Director de TVE - Galicia, na Capela Real do Hostal Dos Reis Católicos, para recoñecer o mellor deste País, o máis representativo. Vinteoito premiados. No apartado FACER GALICIA foron Isaac Díaz Pardo e Valentín Paz Andrade os distinguidos. Isaac deseñou o trofeo a recibir, un marabilloso e vangardista  SANTIAGO MATARRATAS, lembrando a ...

UNHA MANDA PARA ISAAC DA AELG

Imaxe
O presidente da  AELG   (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) Cesáreo Sánchez , achéganos esta alfaia que serviu de introdución a un recital de poemas que se fixo no Museo do Pobo Galego en Compostela. Ese acto deuse en chamar Homenaxe da AELG a Isaac Díaz Pardo  e celebrouse alá por finais de 2011, case un mes xusto antes do seu pasamento. *** Querida familia de Isaac! Queridos Camilo e Xosé! Querida Mimina! Querido Isaac! Vimos as escritoras e os escritores galegos  a che entregar hoxe o humilde froito da nosa palabra. Co corazón mancado vimos a che agradecer tanta vida a nós entregada.   Sempre tiveches as portas da túa casa comunal aberta aos mais novos, sempre foi o noso fogar.   Era o tempo no que o silencio arrasaba coma corisco a terra nosa. E ti construías os alicerces do tempo futuro. Castelao por Carlos Maside (Fundación Castelao) E nos fixeches participe da encomenda de Castelao de reconstruír o fogar desfeit...

De Sebastián Paz, música para Isaac

Imaxe
Pola Primavera (compositor: Sebastián Paz) O compositor Sebastián Paz Suárez anosa celebración do centenario de Isaac Díaz Pardo con esta composición tan belida (música e letra), que nos trae un outro xeito de conmemorar a existencia deste mestre da artesanía galega, das artes gráficas, do mundo editorial, da loita pola recuperación da memoria histórica... Mestre, compositor, amais de directivo dunha coral madrileña, é quen de nos facilitar non unicamente a letra senón tamén as partituras desta fermosa obra.  POESIA E MUSICA DEDICADA A ISAAC DÍAZ PARDO POLA PRIMAVERA Cantos Harmoniosos na veira do río. Os paxaros cantan con moito agarimo. Sobre os ameneiros, carballos e xestas bailaban contentas rulas e lavercas. Bailaban as fadas Por riba das flores. Contábanse os nenos segredos de amores. Un dÍa fermoso de amor e ledicia. As nenas cantaban fermosas cantigas. Vestían as mozas moitísimas cores pola Primavera espertando amores. Pola Primavera  (compositor: Sebastián Paz) Pola P...