De Luís Caruncho a Isaac Díaz Pardo (corazón que nunca para)


 Luís Carucho é un deses artistas, músicos, cantautor e regueifeiro que nos enche de ledicia coas súas composicións, que nos enche de vida porque os seus sentimentos vitalistas fanse notar e transmitir ao pobo. Iso non colide con que por veces, bastantes veces, poida ser crítico e contundente. 

Gustamos da súa palabra, do seu saber estar para a cultura do país e saber entregar o seu tempo para recordar a persoas coma Isaac Díaz Pardo. E así o fixo nesta ocasión, provisto de zanfona e verbo para cantar a ese "corazón que nunca para".


A letra da peza coa que agasalla a Isaac, pero tamén a todas/os nós, di así:


"Un galego universal

da cultura foi alento

impulsor de novas formas

e pintor de sentimientos.

---

Escritor e rotulista

corazón que nunca para

testemuña de noutrora

coas irmandades da fala.

--

Cunha vida dura ás costas

sufridor da represión

traballache ben arreo

sementando ilusións.

---

Podendo vivir de artista

fíxose aventureiro

travesías de cultura

que disfruta o mundo enteiro.

---

Hoxe o pobo dache as grazas

cunha manda de alegrías

do legado que deixache

cheo de sabiduría

---

Isaac Díaz Pardo

Que grande a túa historia!

Ti sempre has estar

na nosa memoria".

Luís Caruncho

Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Por ti, Isaac, volveriámolo facer!

UNHA MANDA DE ANTONIO QUESADA RODRÍGUEZ PARA ISAAC DÍAZ PARDO

Ana de Vilatuxe, Isaac e a tecelá de soños