De Sebastián Paz, música para Isaac

Pola Primavera
(compositor: Sebastián Paz)
O compositor Sebastián Paz Suárez anosa celebración do centenario de Isaac Díaz Pardo con esta composición tan belida (música e letra), que nos trae un outro xeito de conmemorar a existencia deste mestre da artesanía galega, das artes gráficas, do mundo editorial, da loita pola recuperación da memoria histórica...

Mestre, compositor, amais de directivo dunha coral madrileña, é quen de nos facilitar non unicamente a letra senón tamén as partituras desta fermosa obra. 

POESIA E MUSICA

DEDICADA A ISAAC DÍAZ PARDO
POLA PRIMAVERA

Cantos Harmoniosos
na veira do río.
Os paxaros cantan
con moito agarimo.
Sobre os ameneiros,
carballos e xestas
bailaban contentas
rulas e lavercas.
Bailaban as fadas
Por riba das flores.
Contábanse os nenos segredos de amores.
Un dÍa fermoso
de amor e ledicia.

As nenas cantaban
fermosas cantigas.
Vestían as mozas
moitísimas cores
pola Primavera
espertando amores.

Pola Primavera (compositor: Sebastián Paz)

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Por ti, Isaac, volveriámolo facer!

UNHA MANDA DE ANTONIO QUESADA RODRÍGUEZ PARA ISAAC DÍAZ PARDO

Ana de Vilatuxe, Isaac e a tecelá de soños