DE HENRIQUE NEIRA PARA ISAAC
Isaac Díaz Pardo (foto extraída de: https://www.tmagazine.es/diseno/isaac-diaz-pardo/ |
E quixo compartir con todas as persoas de ben un seu poema que conmemora o centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo, a existencia dun xenio, oleiro e soñador, que aínda reside en NÓS. Velaquí os seus versos.
Isaac, I, fica así
Oín: é xenio,
o mínimo.
A terra carreta
aí, cerámicas, osa cima recia:
sal ensaiar raias nelas.
Soñaba xa baños:
a cor, a da roca,
azul luza.
É trofeo, oe, forte:
e se
Isaac o toca, así
asume musa,
lene materia, aire. Tamén el.
E velaí ía leve,
aire tras arteria.
Un magnífico palíndromo!!!!!
ResponderEliminarAsí é Henrique, cando non escribe un artigo científico pode facer unha recolleita de literatura popular, realizar unha investigación sobre o tema que nunca terías pensado, un libro de viaxes ou de coñecemento dun medio de referencia... ou, pode escribir poesía, e nela buscar o máis difícil aínda, o que se lea do dereito e do revés e sempre igual. Quen dá máis?
Todo iso dende Galicia e o galego. Un luxo.