Publicacións

UNHA LUMIEIRA PARA ISAAC CHEGA DA MAN DE ANA GIL RODRÍGUEZ

Imaxe
Ana Gil Rodríguez mándanos a súa achega fotográfica chamada Lumieira . Esta alfaia mide 30 x 40 centímetros e explícanos que consiste " nunha peza fotográfica a partir dunha instalación, partindo dun retrato de Isaac Díaz Pardo, instalada nunha árbore dun bosque recén queimado en Compostela , o cal se produciu tras un incendio destas mesmas xornadas ". Para ela este traballo que nos ofrece é toda "unha lembranza a esta figura que foi tan especial e que intenta falar un pouco da resistencia e da súa luz no espazo baleiro". Lumieira  (autora: Ana Gil Rodríguez)

A MANDA DE ROSA: O ANEL MÁXICO DO VALADOURO PARA ISAAC

Imaxe
As orixes do anel (autora: Rosa Fernández Míguez) Cun arrecendo a salitre de Redondela, herba mollada de Silleda e maxia do val das Anas louras chéganos unha nova alfaia cargada de historia, etnografía e corazón. Rosa Fernández Míguez , unha xoieira afincada nas terras do Deza desde hai uns meses, talla a lume manso e con mestría un pequeno anaco de metal insuflándolle adrede a esencia daqueles Contos do Valadouro (reeditado por Ediciós do Castro en outubro de 2005) Nesta obra recompiláronse diversos mitos, crenzas e lendas transmitidos de boca en boca nestas terras da Mariña lucense. Mesmo serviu de obra de referencia para a cidadanía (nos centros de ensino, investigadores/as, turistas e outras xentes curiosas) e as xeracións posteriores. A alfaia de Rosa para Isaac (autora: Rosa Fernández Míguez) Tal e como nos explica ela, esta peza está inspirada na gravadura que Xosé Blanco fixo para o conto " O cura e a casadiña nova " da devandita obra. O anel está feito a man sobrep...

A MANDA DE DANIEL SANTOS: UNHA VISIÓN FUTURISTA DE ISAAC

Imaxe
Isaac mozo (autor: Daniel Santos Vila) Desde Queiruga (Porto do Son) mándanos dúas pezas o mozo Daniel Santos Vila . Estuda Ilustración na Escola Pablo Picasso da Coruña e, en palabras del, “ considérome esencialmente autodidacta ”. Compaxina traballos de ilustración, murais, deseño de discos para grupos de música... Comenta que decidiu colaborar neste proxecto porque “ me parece moi necesario render homenaxe e non esquecer o valor histórico e artístico de xente coma Isaac . Calquera iniciativa para recordar as nosas figuras galegas nunca está de máis ”. Son dúas obras que este autor entrega por mor desta iniciativa: “(...) a primeira representa un Isaac mozo rodeado das súas futuras creacións, pinturas e arte ”. Coa segunda imaxinou a cuberta da “ única novela de ciencia ficción escrita por Isaac, a historia de como creou o primeiro robot galego con estrutura cerámica ”. Para el, tanto Isaac coma Rosalía, Castelao, María Pita entre outros, ademais de ser grandes figuras históri...

UNHA MÁSCARA-BRAZALETE PARA ISAAC (OBRA DE CHUS IGLESIAS)

Imaxe
Máscara-brazalete  (autora: Chus Iglesias) Chus Iglesias - Chus Acivro - é unha artesá da xoiaría galega ademais dunha gran difusora da cultura e idioma do noso país. Son coñecidos os seus escaparates, ateigados de verdadeiras obras de arte (feitas con detalle e suor), nos que se amosan asemade mostras temáticas que teñen que ver con personalidades da cultura galega, con motivos antropolóxicos ou con ideas que Chus busca estender. Alén doutras pezas que ten elaborado, todas de moito interese, baixo o noso punto de vista despuntan as que crea a partir de culleres de prata, tantas veces rematadas en follas que se estarrican até o dorso da man ou cuxas raiceiras ruben polo brazo, reptando pola epiderme, agatuñando polos vieiros da sensibilidade. No obradoiro... a máscara-brazalete de Chus Iglesias (Chus Acivro) Desta volta entréganos un dos seus fermosísimos escaparates, cuxo tema central é Isaac Díaz Pardo . A súa figura, o seu retrato... o sentimento contémplase nos retratos que a a...

XOÁN XOSÉ FDZ. ABELLA ENTREGA MANDA A ISAAC

Imaxe
E no día de hoxe queremos trasladarvos a manda que con tanto agarimo entregou un dos nosos mellores poetas nacionais: Xoán Xosé Fernández Abella . Coñecidas son as súas rimas -sonetos, romances e outras estrofas- que sempre axilizan as emocións cando son recitadas por este vate. E fixádevos que ben soa o seu ritmo, que ben recenden os versos ateigados de terra, gratitude e compromiso tamén coas persoas grandes desta terra, entre elas Isaac . Este é o introito seguido da composición: " LOANZA SENTIDA A ISAAC Da miña "Homenaxe a Isaac Díaz Pardo" (Intento de aproximación poética á súa biografía en 8 partes), recollida no meu libro L oanzas sentidas e outros poemas , recollo, por brevidade, a parte oitava titulada "Remate", na que me aproximo un chisco á persoa humilde, xigantesca e única do meu admirado Isaac Díaz Pardo. Velaí o "Remate": Fuches, sen selo, emigrante e exiliado voluntario, puro exemplo solidario do teu único talante. Santiagués universa...

YOLANDA CARBAJALES RETRATA A ISAAC

Imaxe
Ex Libris por mor do centenario de Issac Díaz Pardo (2020) (gravadora: Yolanda Carbajales) Non esaxeramos se indicamos que Yolanda Carbajales é unha das profesionais do gravado máis importantes de toda Europa. As súas exposicións percorreron boa parte do mundo -dende o pé da Acrópole grega até China, dende Inglaterra até a India pasando por Galiza-. Os premios que acada subliñan a súa calidade, pero non só na precisión técnica senón nos contidos (ás veces encriptados nun surrealismo latente). E Yolanda non quixo desperdiciar a ocasión para elaborar un Ex Libris en mezzotinta (ou maneira negra, técnica inventada no século XVII) coa intención de conmemorar o centenario do nacemento de Issac Díaz Pardo . Para esta idea serviuse dun gravado que realizara -outrora- a alma mater de Sargadelos. Iso si, acompañado dun Isaac retratado coa mesma técnica que acada unha semellanza e expresividade asombrosas. A peza orixinal, de 24 por 10 centímetros, foi confeccionada por medio de dúas matrices...

DE XOSÉ LUÍS MOAR A ISAAC DÍAZ PARDO

Imaxe
Xosé Luís Moar, fundador do grupo cinematográfico "Raiola" (1973) é quen de lembrar este fermosísimo vídeo-documental (1989) que recolle a elaboración da Fonte a Castelao . Esta foi esculpida polo artista  Francisco Xosé Pérez Porto e supervisada polo propio Isaac Díaz Pardo  nas instalacións de Sargadelos (Cervo - Lugo) e de Cerámicas do Castro (Sada - A Coruña). Seguramente que non só vos vai parecer interesante, senón fermosa esta reportaxe, incluso necesaria. Lembremos que Xosé Luís é membro do Instituto de Estudos Viveirenses e foi asesor técnico da Consellaría de Educación, exercendo a súa actividade no MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galiza). Velaquí queda o documento audiovisual.