UNHA LUMIEIRA PARA ISAAC CHEGA DA MAN DE ANA GIL RODRÍGUEZ

Ana Gil Rodríguez mándanos a súa achega fotográfica chamada Lumieira.

Esta alfaia mide 30 x 40 centímetros e explícanos que consiste "nunha peza fotográfica a partir dunha instalación, partindo dun retrato de Isaac Díaz Pardo, instalada nunha árbore dun bosque recén queimado en Compostela, o cal se produciu tras un incendio destas mesmas xornadas".

Para ela este traballo que nos ofrece é toda "unha lembranza a esta figura que foi tan especial e que intenta falar un pouco da resistencia e da súa luz no espazo baleiro".

Lumieira 
(autora: Ana Gil Rodríguez)


Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Por ti, Isaac, volveriámolo facer!

UNHA MANDA DE ANTONIO QUESADA RODRÍGUEZ PARA ISAAC DÍAZ PARDO

Xoán Andrade, Isaac Díaz Pardo e o Laboratorio de Formas