DE XOSÉ LUÍS MOAR A ISAAC DÍAZ PARDO

Xosé Luís Moar, fundador do grupo cinematográfico "Raiola" (1973) é quen de lembrar este fermosísimo vídeo-documental (1989) que recolle a elaboración da Fonte a Castelao. Esta foi esculpida polo artista Francisco Xosé Pérez Porto e supervisada polo propio Isaac Díaz Pardo nas instalacións de Sargadelos (Cervo - Lugo) e de Cerámicas do Castro (Sada - A Coruña). Seguramente que non só vos vai parecer interesante, senón fermosa esta reportaxe, incluso necesaria.

Lembremos que Xosé Luís é membro do Instituto de Estudos Viveirenses e foi asesor técnico da Consellaría de Educación, exercendo a súa actividade no MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galiza).

Velaquí queda o documento audiovisual.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Por ti, Isaac, volveriámolo facer!

Xoán Andrade, Isaac Díaz Pardo e o Laboratorio de Formas

Ana de Vilatuxe, Isaac e a tecelá de soños