Publicacións

Yolanda del Riego, Isaac e a arte

Imaxe
Máscaras para Os vellos non deben de namorarse É boa sorte contar cun recoñecemento comunitario por parte de persoas activas dende a cultura ou pola cultura e que honran a Isaac Díaz Pardo. É boa sorte dispor de artistas, persoas da escrita e da música que son quen de lembrar a alguén que fixo tanto por este país. Non hai dúbida en que somos o que somos mercé de anos de traballo que algúns e algunhas como Díaz Pardo foron quen de entregar priorizando o común por enriba do particular, maila os atrancos, malia os oportunismos de non poucos e os paus que algúns introducen nas rodas do progreso, da identidade, do que fomos e do que somos... Isaac non gastou máscaras senón que era o que se vía, outras e outros continúan con ela posta xogando ás augas de todos os mares... Isaac é unha desas persoas que crearon para todas e todos e creron no seu labor, é un deses dos que crearon, dos que ergueron bandeiras e non derrubaron ren, agás as fraudes e as desmemorias. Por iso, Isaac, foi motivo de i...

Xosé Lois García, dende a União dos Escritores de Angola, para Isaac Díaz Pardo

Imaxe
Libros publicados dende Ediciós do Castro Un dos autores máis prolíficos do panorama nacional galego é Xosé Lois García. Das terras de Merlán (Chantada) conta no seu haber con preto de 140 obras literarias, escritas en galego, portugués (nas súas variantes angolana, brasileira e portuguesa), catalán e castelán. Aínda que licenciado en historia pola Universitat de Barcelona, foi obreiro metalúrxico da SEAT na mesma cidade condal. Condenado pola defensa colectiva dos dereitos laborais e en contra da ditadura, a Generalitat recoñeceulle publicamente a loita pola democracia. Lembremos que fora un dos fundadores de IDGA (Irmandade Democrática Galega) e que encabezou a loita antifranquista das persoas galegas residentes en Barcelona.  Algunhas das súas obras literarias foron publicadas polo goberno de Cuba, outras polo Uni ã o dos Escritores de Angola, entidade da que forma parte e en cuxa sede oficial, na cidade de Luanda, existe (mercé da bonhomía de Xosé Lois García) unha boa bibliote...

Un poema Manuel López Rodríguez para Isaac

Imaxe
" Estimados compañeiros: Despois de chegarme notificación paso a enviarvos o meu poema colaborativo para o proxecto de homenaxe a Díaz Pardo.  O meu nome é Manuel López Rodríguez (...) ". Estas son as primeiras liñas que nos fai chegar o autor da composición lírica que abaixo se reproduce, os versos dun poeta moi coñecido no noso país, pois a obra de Manuel López Rodríguez foi galardoada recentemente no Concurso de Poesía do Concello de Carral (na súa XXIII edición).  A isto súmaselle o Premio de Poesía Suso Vaamonde (XIV edición), o segundo premio do Leiras Pulpeiro de Poesía, o primeiro tanto do López Ardeiro como do Eduardo Pondal e un accesit no Francisco Añón de Outes. Conta coas obras Antítese nativa (2008), Rompe (2020), Desde onde non nace (2020) e Vangarda ule (2020). Estamos pois diante dunha das referencias obrigadas da poesía galega máis actual. Na súa obra, segundo algúns críticos, destaca a súa madureza literaria, a riqueza léxica e o seu característico esti...

María Leyra, Isaac Díaz Pardo, e Xosé Leyra Domínguez

Imaxe
Os artistas Xosé Leyra e Isaac Díaz Pardo Entre os membros fundadores da Asociación de Artistas Ferrolanos destaca a figura de Xosé Leyra Domínguez, correspondente da Real Academia Galega e da homónima de Belas Artes. Compatibilizou, ao longo da súa vida a produción artística co labor literario, e neste último eido podemos subliñar aquelas obras tituladas En torno a Pablo Iglesias (1995) e Xacobe e Prisciliano (1997). No seu oficio de pintor destaca como paisaxista, con teas de fabuloso colorido e composicións equilibradas, costumistas, de pinceladas interesantes, con personalidade e paleta ben surtida...  A súa neta, María Leyra Fernández Labandera, autora desta manda que recorda a Isaac e ao seu avó, sinala: " Coñecín a Isaac entregándolle o manuscrito Xacobe e Prisciliano do meu avó. Remexendo nas súas cartas atopei algunhas de Díaz Pardo. Envíovos tamén algunhas fotos deles xuntos. Seguramente teña máis cartas porque algunhas aparecen nas páxinas dos libros da súa bibliotec...

Manolo Figueiras, Isaac, Seoane e Bos Aires

Imaxe
Isaac e Luis en Buenos Aires  (taboa de Manolo Figueiras) Sobre táboa e en técnica mixta chega esta obra de importantes dimensións, concretamente de 52 por 40 centímetros. O seu autor, Manolo Figueiras, nado en México pero criado en Ourense, é un pintor moi recoñecido cando menos no panorama galego, tanto é así que houbo alguén que no seu día o cualificou de "humanista".  Gusta moito de elaborar pezas que recrean un cadro clásico dentro do seu propio lenzo-xanela ("cadro dentro do cadro"), polo que achega novas lecturas -interpretacións, chiscadelas, suxestións- de teas clásicas do renacemento, das vangardas... Alén disto, resulta ser un apaixoado do retrato, mais con visións por veces psicanalíticas, de aí que incite a se mergullar en diálogos ás veces críticos (e incluso crípticos), ás veces surrealistas e, por que non!, tamén obvios... Múltiples son as técnicas que emprega, chegando incluso ao apoixoante e difícil universo do gravado. Recomendamos, a este respect...

Xosé Luís Santos Cabanas, os ollos de Isaac e a besta

Imaxe
Isaac e Mimina cabo do fito que lembra o asasinato de Camilo Díaz Baliño e Sixto Aguirre Guerin un 14 de agosto de 1936 (foto: Xosé Luís Santos Cabanas) O secretario da Asociación A Oliveira (Teo), nomeadamente Xosé Luís Santos Cabanas, fainos chegar unha manda que titula Os ollos de Isaac . Nela relata o acontecido o 15 de abril de 2007 cando, presente Díaz Pardo, asiste ás xornadas que o devandito colectivo deu en chamar Enrique Líster, a longa viaxe dun home de Ameneiro .  Sixto Aguirre, debuxo que Camilo Díaz Baliño elabora na Falcoa (1936) Curiosamente, algúns de nós -membros do aínda non nado Alento Esbravexo- estabamos alí presentes, coincidimos con amizades neses multitudinarios actos, eses que aínda non somos que de ceibar da retina (será porque non queremos que así sexa! Cómpre conservarmos a memoria).  Santos Cabanas -escritor, poeta, persoa afábel e admirábel- tamén advirte dunha outra data, aquela de 2010 na que se inaugura un fito conmemorativo coa súa correspon...

Almorzo entre diamantes, Marisa Álvarez Garea e Isaac

Imaxe
Sargadelos nos tempos de Covid  (manda de Marisa Álvarez Garea) Marisa Álvarez Garea tráenos dúas imaxes que teñen que ver co que significa para ela Sargadelos, dende a tradición, dende a figura de Isaac Díaz Pardo, dende o recordo das vodas dos seus proxenitores.  Almorzo entre diamantes (foto de Marisa Álvarez Garea) Ela gusta de lucir con fachenda estas pezas combinadas coa súa propia vestimenta, porque para aínda que a cerámica de Isaac sexa algo de valor, algo que nos identifica, tamén pretende que o seu uso sexa contián. A autora, comparando a obra de Isaac co brillo dos xoias, titula a súa manda Almorzo entre diamantes pois, segundo sinala: " Non resulta doado seleccionar pezas nas que o grande mestre Isaac deixou a súa pegada posto que forman parte da miña vida. Raro é o día no que non ollo ou utilizo algunha. Elixo este xogo de té do Castro, un verdadeiro diamante que ademais ten un significado moi especial para min, pois tiven a sorte de ser eu quen conser...