Yolanda del Riego, Isaac e a arte

Máscaras para Os vellos non deben de namorarse


É boa sorte contar cun recoñecemento comunitario por parte de persoas activas dende a cultura ou pola cultura e que honran a Isaac Díaz Pardo. É boa sorte dispor de artistas, persoas da escrita e da música que son quen de lembrar a alguén que fixo tanto por este país. Non hai dúbida en que somos o que somos mercé de anos de traballo que algúns e algunhas como Díaz Pardo foron quen de entregar priorizando o común por enriba do particular, maila os atrancos, malia os oportunismos de non poucos e os paus que algúns introducen nas rodas do progreso, da identidade, do que fomos e do que somos... Isaac non gastou máscaras senón que era o que se vía, outras e outros continúan con ela posta xogando ás augas de todos os mares...

Isaac é unha desas persoas que crearon para todas e todos e creron no seu labor, é un deses dos que crearon, dos que ergueron bandeiras e non derrubaron ren, agás as fraudes e as desmemorias. Por iso, Isaac, foi motivo de inspiración e émulo de artistas, e aínda hoxe resulta unha referencia a ter sempre en conta... Isto é, a grandes trazos, o que recorda Yolanda del Riego. Fican aquí as súas palabras e, pola nosa banda, unha gratitude sincera:

"Tiven o privilexio de coñecer a D. Isaac Díaz Pardo. Axiña me din de conta que estar perante un home extraordinario e auténtico. Convidoume a expoñer a miña obra nas Galerías Sargadelos no 2006. Son artísta plástica e teño un estudo na Illa de Arousa dende hai máis de 20 anos. Grazas ás publicacións de Ediciós do Castro puidemos coñecer aos autres no exilio que, doutra forma, non tería sido posible. Nacendo eu no exilio dos meus pais, valoro especialmente este labor".

Beizóns.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Por ti, Isaac, volveriámolo facer!

Xoán Andrade, Isaac Díaz Pardo e o Laboratorio de Formas

Ana de Vilatuxe, Isaac e a tecelá de soños