José-Martinho Montero Santalha e Isaac Díaz Pardo

Caricatura de Isaac Díaz Pardo por Álvaro Cebreiro (ligazón: Luscofusco_GZ ) Xa van 151 entradas neste blogue co obxecto de conmemorar o centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo. Centos de persoas fixéronnos chegar os seus textos, obras, imaxes... para poder celebrar, comunitariamente, acontecemento tan importante. Desta volta, José-Martinho Montero Santalha entrega como alfaia e homenaxe a Isaac un soneto con acróstico, mais para quen non coñeza ao autor cicelamos aquí un chisquiño na súa biografía. Montero, logo de pasar polo seminario mindoniense, estuda teoloxía en Roma, cidade na que colabora cun grupo humano denominado "Os Irmandiños". Nel intégranse aquelas persoas relixiosas que buscan que a nosa lingua propia sexa recuperada como vernácula no eido da Igrexa. É un dos asinantes do Manifesto para a supervivência da cultura galega , lazado en 1974, ano no que regresa a Galiza. O autor ten publicado obras poéticas e ensaísticas, fundamentalmente, e foi fundador de ...