Antom Labranha, a matemática e Isaac Díaz Pardo
Pois abofé que si... En certo xeito é ben complicado clasificarmos as mandas en base a contidos, datas de entrega, compatibilidades de xénero, temáticas, xeografías das que proceden estes agasallos, grupos humanos que facilitan unha peza conxunta... Mais, agardamos que as persoas colaboradoras saiban desculpar estas "máculas" no medio da porcelana familiar.
Do que non hai dúbida é do agarimo co que as persoas colaboradoras ganduxan ou erguen as súas mandas, algunhas profundas dende o razonamento filosófico -e incluso matemático-, outras sinxelas dende o día a día, dende o cotiá, o que habita nos mundos persoais de cadaquén. Desta volta, chegou a quenda de Antom Labranha, un profesor de ensino secundario e doutor en matemáticas, que foi quen de sintetizar seis pezas de Sargadelos dende aspectos xeométricos e dende o universo dos números, ese infinito que nos liga coma un umbilical ao eterno, ás proporcións (aureas), a Fibonacci, ao número Pi e a aspectos que teñen que ver coa simplicación das formas á hora de seren confeccionadas polo caolín, a man (re)creadora, e a calor (tamén a humana). 1, 1, 2, 3, 5, 8, 13, 21, 34...
Con Labranha descubriremos aspectos que poucas persoas temos reparado nelas (incluso nós tamén), pero que son imprescindíbeis para comprender o relato que Isaac nos deixa en forma de plástica. Porque o de Labranha é, sen dubida, un artigo (mellor dito, un breve ensaio) que entra en sinfonía co eterno, co cosmos e coa cerámica que sintetiza a realidade.
Beizóns, por tan marabilloso e necesario traballo! Beizóns, asemade, por achegarnos aspectos que entran dentro do campo da sutileza e dun eido fantástico para moitas e moitos de nós: a poética da xeometría matemática.
Saúde, e moito mar!
A harmonía matemática das formas: algúns exemplos na cerámica de Sargadelos
UNESCO. Desenvolvemos unha exposición fotográfica comentada que levaba o título de “A harmonía matemática das formas“, onde pretendíamos suscitar acompañamentos emocionais que transcendesen a percepción visual, de por si suxestiva e aliciante. Dalgunha maneira, poderíamos encontrar un gran paralelismo coas recreacións que as cerámicas de Sargadelos fan de diversos temas cultural e historicamente relevantes.
Comentarios
Publicar un comentario