Manolo Pipas, Isaac e a memoria

Xente alporizada (obra de Isaac Díaz Pardo)

A de hoxe é unha manda en verso, unha manda que enche as mans e os ollos de poesía. Mais esta composición, elaborada polo vate Manolo Pipas, xa fora publicada o 7 de xaneiro de 2012, data do pasamento do xenio que ciclara a arxila de Sargadelos. O del é un poema biográfico, cronolóxico, dentro da lóxica da rima e do ritmo. Porque a cerámica tamén é iso, espirais cíclicas que ascenden e descenden para erguer a forma... Porque o espazo-aire-contido- define o volume, tal e como o as pausas e a enfase trazan os sentimentos do poema. Cada verso é unha marca das mans sobre o barro; cada rima, unha pegada dixital que certifica a autoría e autoridade (que autoritaria) da palabra.

A da Manolo Pipas é unha composición dende o recordo, dende a rúa pisada que foi diálogo, dende a indignación pola morte, polo furto e polas realidades culturais a cara descuberta fusiladas.

Queda esta composición ataviada co noso sincero agradecemento.


isaac díaz pardo memoria


isaac díaz pardo
o home o compañeiro o activista
o traballador o artista a memoria

morreu o mestre galeguista
o republicano o represaliado
e a sua obra o seu legado
de ediciós do castro a sargadelos
o seu traballo roubado

lémbrome de velo hai anos
varias veces polas rúas
e prazas da súa compostela
sempre so e triste camiñando
cos seus fracasos coa súa memoria

morreu o mestre díaz pardo
e tamén nestas invernais datas
mataron a consellería de cultura
sen atreverse a enterrala
cos seus merecidos honores
no mausoleo cemiterio do monte gaiás

por isaac diaz pardo e por este feito
algúns estamos alporizados


manolo pipas

7-1-2012

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Ana de Vilatuxe, Isaac e a tecelá de soños

Por ti, Isaac, volveriámolo facer!

Araceli Guillán, Isaac Díaz Pardo, as ilustracións e os meigallos