Manda anónima para Isaac e ilustración de Carmela
Isaac Díaz Pardo (obra de Carmela) |
Pois a manda que hoxe publicamos é así tal e como a reproducimos. Trátase dun par de persoas coñecidas de Isaac, nai e filla, que queren ter un detalle para honrar a súa memoria e, en particular, o centenario do seu nacemento. Da persoa que escribe o texto non coñecemos ren, mais a que ilustra é dunha meniña de nome Carmela (como quedou sinalado a súa filla). A obra desta é un retrato que fai sobre Díaz Pardo, con camisa de cadros, con pelo ruzo e toda esa xeometría cobalto que decora os espazos creativos dun creador do pobo e que unha nena creadora tamén observa.
Beizóns para os dous e velaquí fica a vosa manda!
Unha manda anónima para Isaac Díaz Pardo
Isaac Díaz Pardo (obra de Carmela) |
Cando me descubrín neste grupo, pensei que, de seguro, se trataba dun erro, pois... Que podía achegar eu?
Tiven curiosidade por conhecer a idea deste proxecto e, sen máis, foron xurdindo lembranzas, imaxes de momentos asociados a Isaac Díaz Pardo e a Sargadelos. Entón compartino con Carmela porque moitos recordos estaban tamén asociados a ela.
Isaac era aquel senhor maior, miúdo, que aparcaba na rúa o seu coche grande a algo velho, cheo de cousas desamanhadas, e caminhaba paseninho cara a casa de Sargadelos, un lugar especial a dous pasos da nosa casa, no que ver unha expo ou simplemente ir botar unha olhada, levar ás visitas, mercar algún agasalho para as celebracións importantes... E un lugar no que tantas veces puidemos desfrutar dos contos, a música, a ilusión dela por ver alí expostas as súas pinturas e trabalhos, nos tempos de escola infantil. Parada obrigada ao saír da casa, para ver no seu taboleiro, a oferta cultural.
Para nós foi unha mágoa saír do confinamento e ver que a Casa de Sargadelos ía marchando de aquí...
Pero... Que podía aportar eu? se non sei facer nada... Así que Carmela, que todo o celebra cun debuxo, decidiu colaborar con esta súa achega.
Comentarios
Publicar un comentario