Valentina Todanes e Isaac Díaz Pardo

Nu inspirado na obra de Isaac Díaz Pardo (autora: Valentina Todanes)

Entrega tres pezas con dúas liñas temáticas diferentes a artista Valentina Todanes, escultora en madeira e artesá. Comenta que hai moitos anos coincidiu con Isaac Díaz Pardo no Auditorio de Compostela, "achegouse a min e preguntoume se me coñecía, e díxenlle "agora si. Rimos os dous, sorprendeume polo pequeno tamaño físico e pola grandeza que emanaba (...)".

Tamén recorda que coñeceu a "Pepe Neira Vilas, onde a nosa relación íntima frutificou nunha amizade grande e especial coma a arte".

Xa mergullándonos nas pezas que entrega, cómpre sinalar que dúas delas son pratos de madeira (coma os do polbo) que levan polo bordo do bico unha decoración elaborada en pirogravado e con deseños de Isaac Díaz Pardo. Nun deles vense as combinacións xeométricas de triángulos e trapecios tan singulares na cerámica de Sargadelos, no mobiliario das instalacións que xermolaron do Laboratorio de Formas etc. Pois  algunhas mesas e cadeiras empregaron tales deseños para decorar non só as coñecidas galerías senón, incluso, a cafetaría do Instituto Galego de Información.

Pratos pirogravados (autora: Valentina Todanes)

O outro dos pratos conta cunha greca prirogravada que se confecciona a partir dunha restra de cunchas de vieira. Consegue a autora con ambas pezas non só unha vinculación coa cerámica deseñada por Isaac senón, ademais, unha proximidade da persoa espectadora coa tradición, coas romarías e coa utilidade cotiá de tales deseños.

A última das obras é a talla en baixorrelevo dunha figura feminina núa. O espido non hai dúbida que se inspira naquela serie "20 Desnudos de Cecilia la Acróbata", realizada por Isaac e publicada dende a Imprenta Moret no ano 1965. Velaquí unha fermosa versión para a homenaxe, para a arte e, como non, para a lembranza.

Nu (peza realizada por Valentina Todanes)

Beizóns, Valentina; saúde e moita arte...

Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Loli Suárez e un café con Isaac

Por ti, Isaac, volveriámolo facer!

Ana de Vilatuxe, Isaac e a tecelá de soños