Valentina Todanes e Isaac Díaz Pardo
Nu inspirado na obra de Isaac Díaz Pardo (autora: Valentina Todanes) |
Entrega tres pezas con dúas liñas temáticas diferentes a artista Valentina Todanes, escultora en madeira e artesá. Comenta que hai moitos anos coincidiu con Isaac Díaz Pardo no Auditorio de Compostela, "achegouse a min e preguntoume se me coñecía, e díxenlle "agora si. Rimos os dous, sorprendeume polo pequeno tamaño físico e pola grandeza que emanaba (...)".
Tamén recorda que coñeceu a "Pepe Neira Vilas, onde a nosa relación íntima frutificou nunha amizade grande e especial coma a arte".
Xa mergullándonos nas pezas que entrega, cómpre sinalar que dúas delas son pratos de madeira (coma os do polbo) que levan polo bordo do bico unha decoración elaborada en pirogravado e con deseños de Isaac Díaz Pardo. Nun deles vense as combinacións xeométricas de triángulos e trapecios tan singulares na cerámica de Sargadelos, no mobiliario das instalacións que xermolaron do Laboratorio de Formas etc. Pois algunhas mesas e cadeiras empregaron tales deseños para decorar non só as coñecidas galerías senón, incluso, a cafetaría do Instituto Galego de Información.
Pratos pirogravados (autora: Valentina Todanes) |
O outro dos pratos conta cunha greca prirogravada que se confecciona a partir dunha restra de cunchas de vieira. Consegue a autora con ambas pezas non só unha vinculación coa cerámica deseñada por Isaac senón, ademais, unha proximidade da persoa espectadora coa tradición, coas romarías e coa utilidade cotiá de tales deseños.
A última das obras é a talla en baixorrelevo dunha figura feminina núa. O espido non hai dúbida que se inspira naquela serie "20 Desnudos de Cecilia la Acróbata", realizada por Isaac e publicada dende a Imprenta Moret no ano 1965. Velaquí unha fermosa versión para a homenaxe, para a arte e, como non, para a lembranza.
Nu (peza realizada por Valentina Todanes) |
Beizóns, Valentina; saúde e moita arte...
Bravo, Valentina.
ResponderEliminarGrazas querida Carmiñq
EliminarMoitas grazas amigo Heitor Picallo
ResponderEliminarMuita expresividade e força nas tuas obras que reflictem a da tua personalidade. Grande artista!
ResponderEliminar