Pepe de Benedicta, o mar, Baroña e Isaac
![]() |
Cerámica do Castro vista desde o Castro de Baroña (autor: Pepe de Benedicta) |
Pepe de Benedicta é un home do mar, un home que coñece a suor que se mestura co salgado no medio das redes, que sabe das paisaxes mariñas e da chamada da buguina... Pepe entende que as areas son abofé o resultado cerámico que realiza o mar ao brunir a pedra, tal fose un canteiro, unha oleira... Non ignora, xa que logo, a importancia dos oficios, das tradicións, dos gremios e da falas.
Pepe sabe dos brazos sufridores de homes e mulleres que traen o pan e o peixe para a casa, coma se trouxesen o maior tesouro pois, ao fin e ao cabo, é a vida; e a terra un envase no que se contén e comprende.
![]() |
Cerámica do Castro vista desde o Castro de Baroña (autor: Pepe de Benedicta) |
Pepe de Benedicta sabe deses segredos e destes
aconteceres, mais tamén coñece a importancia de certas empresas e proxectos
ancorados nas ribeiras do noso espírito nacional. Como consecuencia, remite esta manda
a Isaac Díaz Pardo pois fala algo nesa linguaxe, e sérvese do Alento Esbravexo para
que actúe de barqueiro e emisario.
Comentarios
Publicar un comentario