María Rey Torrente, Isaac Díaz Pardo e o paxaro_peixe

Paxaro_peixe, pescantina e pescador (obra de María Rey Torrente)


María Rey Torrente, estudante de Belas Arte en Pontevedra, ten formado parte en varias exposicións colectivas no Ateneo Ferrolán e na galería Amelia Búa de Bueu. Alén diso, participa en varios encontros de Arte e Natureza comisariados por Antón Sobral. 

María, que quere continuar con ese Alento Esbravexo de mandas... ese que demanda presenza e existencia na figura e memoria de Isaac, entrega unha imaxe dunha obra dela. Baséase na cerámica de Díaz Pardo, facendo explícitas referencias a esta, polo que "a obra fala por si mesma", como a autora ben sinala. En técnica mixta (acuarela e rotulador), titúlase Paxaro_peixe, pescantina e pescador.

E ben certo é que a obra fala por si mesma, pois percíbense chiscadelas firmes á obra de Seoane, ese azul característico da cerámica diazpardiana, as siluetas de carácter independente que saben formar unha unidade temática, costumista, social e real: o mar e as súas xentes.

Beizóns, María Rey, parabéns pola obra e que chegue a acuarela ao mar!

Paxaro_peixe, pescantina e pescador (obra de María Rey Torrente)




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Loli Suárez e un café con Isaac

Ana de Vilatuxe, Isaac e a tecelá de soños

Por ti, Isaac, volveriámolo facer!