Luisa Abad, Isaac Díaz Pardo e Valentín Paz Andrade
Dunha volta houbo unha iniciativa de trocar o nome ao IES Meixueiro nº 7 de Vigo polo de Valentín Paz Andrade. E así aconteceu, mais -por suxestión de Luisa Abad- Isaac Díaz Pardo entregou unha proposta de anagrama para identificar este centro de ensino.
Valentín Paz-Andrade |
A proposta de Isaac seguía a liña doutras tamén deseñadas por el, con esa caligrafía tan nidia e propia que empregou para rotular o nombre do centro e o lugar de localización. Os caracteres, a xeito de ondas, fan enredar a dous peixes, coas súas bocas abertas e ollos alampates, querendo observar o Atlántico (as Cíes, as américas...). Uns ollos semellantes aos dos retratos que trazaba, inmensos, con ganas de coñecer o universo creativo do noso país.
Por iso, a manda que nos facilita Luisa é en verdade moi necesaria para comprendermos, unha outra vez, a xenerosidade e paciencia de Díaz Pardo. Como consecuencia reproducimos literalmente a carta enviada por Isaac para explicar o seu deseño, así como o propio manuscrito achega Luisa.
Carta de Isaac Díaz Pardo
Miña donas, Enriqueta Edriz, Anxos R. Mourenza, María Luisa Abad,Carta manuscrita de Isaac Díaz
Pardo remitida dende o IGI
Velai vai ese dibuxo, a ver se sirve pro o que o queredes, que supoño que será pra facer un carimbo de caucho de 20 ou 30 mm.
Coido que é conocido que Vigo é hoxe o que é na pesca polo que Valentín fixo por ela.
Por eso se me ocurriu que eses dous peixes que tomei dun vello grabado podíase presentar algo que tivese que ver con el, incruso no de que un esté coa cabeza para riba e o outro para abaixo, como tivemos que andar todos nos tempos difíciles que nos tocou vivir.
Se non vos serve, o tirades no cesto dos papeis.
Vai un saúdo coa máis alta consideración en que vos teño
Isaac Díaz Pardo
Non sen antes agradecer esta colaboración a Luisa Abad, deixamos aquí a súa imprescindíbel manda (agardo que saibamos tirar boas conclusións dela, pois falta fai).
A xenerosidade de Isaac
Isaac e Luisa Abad |
Dime o coordenador actual da biblioteca do centro que fixo un carimbo co deseño de Isaac e que o usa en toda a documentación da biblioteca
ResponderEliminarPois iso é unha gran nova... Canto nos aledamos! Saúde, Luisa, e beizóns por tan xeitosa contribución á memoria de Isaac
Eliminar