Do tatuador Javier Rivas para Díaz Pardo
![]() |
Isaac Díaz Pardo (obra de Javier Rivas - TNT Tattoo) |
Na época que nos toucou vivir existen -por sorte- multitude de realidades artísticas, e non só no que se refire ás técnicas... pois até a pel pode servir de soporte para levar, durante toda a vida, unha peza única. Isto, sen dúbida, sábeo o tatuador Javier Rivas. As súas obras son verdadeiras xoias tinguidas na epiderme e, para mostra, o que realizou en vivo e en directo para conmemorar o centenario de Isaac Díaz Pardo.
Paga a pena ver este vídeo, para comprobarmos a calidade plástica tan grande que existe incluso -como non- nos profesionais da tatuaxe. Velaquí unha obra saída de TNT Tattoo (Milladoiro - Ames).
Con máis de vinte anos traballados neste sector, sobre a obra de Javier Rivas coméntase o seguinte na edición número 2 da revista AMSGO: "As súas tatuaxes chegaro ata a NBA, xa que algún dos xogadores do Obradoiro que deron o salto á elite mundial do baloncesto escolleron o seu estudo para tatuarse".
Beizóns, saúde e moita arte!
Comentarios
Publicar un comentario