A Asociación Galega de Educación para a Saúde e Isaac Díaz Pardo
Chega unha mensaxe que recende a mar e a saúde. Esta di, que dá moito que pensar dende os interliñados até a propia cerna das palabras, versa así:
O remite procede da Universidade de Vigo. Resulta ser a Asociación Galega de Educación para a Saúde.
E si, ben certo é que Isaac, co seu coñecemento e coa súa palabra, detonaba o resorte da tranquilidade, da atención e estarmos curiosos perante o que achega. Porque en certo xeito, ambos aspectos fomentan a ledicia e, por extensión, a saúde. Este colectivo ben coñece que nisto radica o benestar das persoas, en rodearse de cousas que estimulen as emocións positivas... Como realmente así estimula e emociona a imaxe coa que este colectivo rende homenaxe a Isaac Díaz Pardo.
Beizóns, saúde e moita arte (da palabra e da cor)!
Comentarios
Publicar un comentario