Para Isaac chegou unha manda caribeña da man de Manuel Álvarez Fuentes
Isaac Díaz Pardo (foto: Anxo Iglesias) |
Dos once títulos que lle coñecemos, dez están escritos en galego, un deles con limiar do escritor Carlos Loureiro Rodríguez e portada de Héitor Picallo.
A súa poesía deste membro da Unión de Escritores e Artistas de Cuba poderíamola cualificar de laudaria, saudosista se queremos tamén, política e tantas veces de combate en contra das inxustizas sociais.
O compromiso co seu país natal quedou demostrado, así como tamén co noso, e bo testemuño disto son os versos que, ao chamo do "Alento Esbravexo", lle entrega en ofrenda a Isaac Díaz Pardo acompañados da respectiva composición musical, outrosí da súa autoría. Beizóns prezado poeta e prezado amigo.
Manuel, como podemos agradecer que un cubano escriba en galego cando aquí non todo o mundo (quen dixo "todo"?) o fai?
ResponderEliminarComo agradecer un galego con aires caribeños, uns versos que se entrelazan coas cantigas medievais (de cando tiñamos un rei que collía o arado), unhas pakabras dedicadas a Isaac, o noso emblema, o home que levaba o país nos seus ollos?