De Camiño Noia a Isaac Díaz Pardo

Camiño Noia é unha desas persoas que son referentes no mundo da docencia, por ser profesora de xeracións de alumnas e alumnos hoxe tamén embarcados nos mares da educación, da filoloxía, da literatura... Mais na singradura da escrita gusta asemade de navegar esta compostelá fundadora, xunto con Xulián Maure e Germán Sánchez Ruipérez, de Edicións Xerais de Galicia (1978). Esta Profesora Emérita na Universidade de Vigo inaugurou a cátedra de Estudos Galegos en Nova York e colaborou en revistas como Grial, Verba, Anuario de Estudios Literarios Galegos... Afondar na súa produción cultural sería unha ardua tarefa, porén queremos facer fincapé no feito de ser numerosas veces premiada, por exemplo co galardón Plácido Castro (2012) de tradución e o de investigación da Deputación Provincial de Pontevedra.

Atenta ao voz do Alento Esbravexo, entrega unha presentación sobre a "Ollada de abraio permanente" para conmemorar o centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo. Beizóns!!




Comentarios

  1. Que boa interpretación desa mirada que sempre nos marabillou.
    Grazas por ser capaz de ler o nacemento do abraio e a plasmación na propia cara e en cada obra.
    Grazas por participar con esta manda que chega ao profundo,porque esa verdade estaba aí, dende o principio dos tempos.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Por ti, Isaac, volveriámolo facer!

UNHA MANDA DE ANTONIO QUESADA RODRÍGUEZ PARA ISAAC DÍAZ PARDO

Ana de Vilatuxe, Isaac e a tecelá de soños