Miro Casabella canta a Isaac Díaz Pardo

O cantautor Miro Casabella aceptou o chamo do Alento Esbravexo para conmemorar o nacemento de Isaac Díaz Pardo. E dedícalle, coa voz e a arpa, o cantar de cego d'O Marqués de Sargadelos.

En relación a Miro Casabella, influenciado pola Nova Cançó catalá, debemos subliñar a súa vinculación co egrexio grupo Voces Ceibes e con aqueloutro denominado DOA. Con Pilocha, María Manuela, María del Mar Bonet, Benedicto García Villar, Xerardo Moscoso, Paco Ibáñez, Joan Baez, Mini, Mero e Luís Cília ten gardado amizade e participado en diversos actos e festivais. Isto vén ao caso por un refrán galego: "dime con quen vas e direiche que fas". E vaia se fai e se fixo, so basta ver a súa enorme traxectoria cultural.

Resulta unha honra contar coa arte deste destacado membro da música de autor galega, non só pola citada traxectoria que ten levado ao longo dos anos, senón tamén pola calidade lírica e compositiva do mesmo; calidades que se manifestan, por exemplo, no cantar de cego co que nos agasalla.




Comentarios

  1. Deus existe, dicía alguén cando escoitaba falar a Paco Vázquez castelán co acento galego de debía odiar a morte. Deus debe existir porque Miro Casabella segue tendo a voz de sempre, a xenerosidade a proba de bombas e a nós -como a Isaac- nos emociona sempre que canta, e máis cando a canción é "O meu país". Hai vídeo no que se ve a Isaac escoitándoo, movendo os labios dicindo as sagradas verbas, cos ollos molladiños de mar.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Por ti, Isaac, volveriámolo facer!

UNHA MANDA DE ANTONIO QUESADA RODRÍGUEZ PARA ISAAC DÍAZ PARDO

Ana de Vilatuxe, Isaac e a tecelá de soños