Manda de Xaime Subiela para Isaac Díaz Pardo
Porque o de Xaime Subiela é un ensaio que descobre os alicerces nos que se sustentaron a vida e os proxectos culturais da alma mater de Sargadelos e outras empresas; velaí recupera do desterro as trabes mestras da produción intelectual dun galeguista asentado nas vangardas.
E ben certo é o que indica o autor, pois Isaac buscou na cultura a utilidade e a popularización da mesma, tendo o ollar posto no Seminario de Estudos Galegos, tal e como Da Vinci mantiña a súa curiosidade en Vitruvio.
Subiela fai esa comparanza pois considera realmente a Díaz Pardo, abofé, un home do Renacemento, dentro dunha concepción ampla do "facer" e do "para quen facelo". Por todo isto e moito máis só nos resta recomendarvos a lectura demorada do ensaio que nos "manda" Xaime Subiela, xa que se ergue como unha imprescindíbel contribución ao estudo da figura de Isaac Díaz Pardo dende as perspectivas sociolóxica, política e filosófica. Mil parabéns ao autor e beizóns por tan necesario estudo.
Velaquí o primeiro apartado. O ensaio completo podes descargalo ao premer esta icona.
Gallaecia
activa
Xaime Subiela
Alegría republicana
Isaac
ten a impronta da alegría republicana, a pulsión de innovar, abrir camiño,
inventar un mundo novo, un país novo.
Porque
houbo un tempo en que todo era posible, todo, incluso Galiza. Isaac ten a
pegada do tempo no que se podía transformar a humanidade, reinventar un país,
alentar unha modernidade que nos permitía voar cos pés na terra.
O
fascismo rematou con todo. Matáronlle o pai, matáronlle os amigos, feriron a
esperanza e o medo non deixaba escapar nada. Unha longa noite enterrou en
pedras a república.
Foi
terrible. Pero iso foi despois, antes houbo primavera. E máis tarde tamén. Non
podemos mirar a alegría da república coa tristeza do terror. Non podemos
reducir un dos momentos de maior esplendor a preludio dunha frustración.
Certamente
o horror marcou a súa vida, as pupilas dos seus debuxos mostran o noso
Auschwitz particular. O signo da arte despois do horror. Un existencialismo
depresivo moi propio da época. Unha das escasas exposicións da súa obra
chamouse ‘Pinturas e fracasos’; é obvio que a derrota e a miseria están moi
presentes. O horror tamén deixou impronta en Isaac xunto a república, a pulsión
de vida e a pulsión de morte. Pero non reparemos só no fracaso. Con menos de 30
anos deixou de pintar. Viviu ata os 92.
A
república foi o tempo das nosas luces. E Isaac tiña esa luz que alumaba o
futuro. Por veces sol, por veces facho, por veces fluorescente. A semente do
brillo. Semente, e flor, e froita, e volta a prender.
Comentarios
Publicar un comentario