Mamen Bazarra, as mulleres absolutas e Isaac Díaz Pardo
Porque neste día de sol, onde choven reivindicacións a prol da igualdade (non só xurídica, non só social) da muller e do home, onde chove un diluvio de luz no que se proclama que "basta xa da violencia machista...", precisamos a voz unísona e unitaria de mulleres creadoras que reclamen o que dende anos levan facendo e que, tanta veces, non son visíbeis.
![]() |
Paraugas para Isaac (obra de Mamen Bazarra) |
As mulleres non somos tótem nin tabú, porque ademais de todo o que significamos -dende a igualdade e dende a diferenza- somos persoas.
![]() |
Por iso acae hoxe tan ben a manda que nos trae Mamen Bazarra Campos. Nela non só recorda a Isaac, pois reivindica o que é de xustiza para as mulleres -Mulleres Absolutas. A súa obra, ademais do uso para o que está destinado, serve para alzar a voz e demandar que basta xa de desigualdades: "as mulleres existimos!!".
Con respecto ao mestre de Sargadelos, Mámen sinala o seguinte:
"Coñezo a súa obra desde moi pequena... O meu tío Chichi Campos (debuxante, guionista e escritor) estaba moi relacionado con Isaac a nivel laboral e tamén coa súa contorna máis inmediata. Así que tiven a sorte de coincidir con el nalgunhas ocasións. Para min, Isaac Díaz Pardo é terra, é sentir, e forza e país. A súa arte, en calquera manifestación, conéctame con Sargadelos, arte fresca e determinada... as súas facianas... e miradas... e proporcións... fascínanme. Nesta obra centreime na súa visión da Muller, como Nai, como Forza de Traballo e Raíz. E que mellor soporte que un paraugas nesta terra de auga".
![]() |
Mulleres absolutas - Un paraugas para Isaac (obra de Mamen Bazarra Campos) |
Beizóns e que comecen a chover leis, normas e protocolos efectivos que consigan que as mulleres teñamos o que nos corresponde dende sempre!
Comentarios
Publicar un comentario