Mª. Carmen Durán Martínez, Isaac e as vieiras


Mª Carmen Durán Martínez, dende Cambados, quere facilitarnos o verdadeiro gusto da vieira, porque a súa manda vai de saberes e de sabores! A vieira sabe a mar, sabe a Atlántico, recende a areas cristalizadas no espello da auga, sabe a argazo e soa a rizón e a gamela. 

Autora das fotografías, entrega un texto narrativo, que se reproduce liñas abaixo, no que se percibe a súa conviccións, onde se emociona e sinala que será na vaixelas de Sargadelos (aquela chamada vieira) na que se pode potenciar o sabor dunha vianda xa de por si saborosa. Por iso, alén de nos achegar temas ben interesantes (algúns que teñen que ver coas vivendas tradicionais do Salnés e outras con aquela illa de Santomé, onde fica o rabuño dunha torre medieval) quere outrosí revelarnos o segredo da súa particular receita de vieiras.

Agradecidos a María del Carmén Durán por todo o seu bo facer, bo querer e bo saber..., pois xa temos o sabor nos beizos... Quizais unha gamela, ateigadas de bivalvos, navegue pola saliva la nosa lingua!


VIEIRAS DE CAMBADOS / VAIXELA do Castro, modelo VIEIRA


As vieiras, estas nosas vieiras, son identidade en máis aspectos que no gastronómico como marisco, único e referencial deste noso pobo, Cambados, do Salnés. Ademais como símbolo da peregrinaxe dese Camiño que nos abre horizontes e inquedanzas dende a VALORACIÓN do local a aportación no “puzle” cultural da universalidade e da globalidade.

Valoración da vida e cultura galega á que tanto CONTRIBUÍU Isaac Díaz Pardo, expandido e visibilizando a través das distinta facetas da arte o seu compromiso da dignidade da cultura galega universalizada. Grazas por ese exemplo que nos une e nos “enaltece”, e que sigamos co “facho” aceso. Que mellor homenaxe!

Vieiras que en Cambados, comida “obrigada” no Nadal, representan “algo” máis. A tapa plana era a protección da humidade nas casas ,nos pinches sobre todo ,hoxe protexidas e promovidas a seguir “adornando”. Nun tempo eran tantas as casas que tiñan as cunchas das vieiras pegadas, que se considerou a Santomé a ILLA PRATEADA. Mentres que as partes cóncavas se aproveitaban para facer música, “tocar as cunchas”, ademais doutros usos domésticos e creativos .

Cando no ano 1979 descubrín a vaixela do Castro, modelo VIEIRA, non o dubidei: dende entón na miña casa as vieiras coméronse e cómense nos pratos brancos modelo VIEIRA. Estou “certa” de que aumentaba o sabor da VIEIRA. Así, gradualmente, tal como na “foto” fun facendo e complementado TODO o CONXUNTO VIEIRA, xogo de café, de té, taciñas da compota, etc., etc.

GRAZAS ao seminario de estudos do Castro por promover tamén outras obras e libros que nos permitiron máis “saberes e entenderes”.

O meu AGRADECEMENTO a todo o que achegou e promoveu Isaac Díaz Pardo e os distintos equipos que con el colaboraron.

A miña aportación da recita das VIEIRAS o estilo máis natural:

Cebola dourada, vieira enriba, pan relado e chorro de albariño. Uns minutos de forno e xa ao prato branco modelo VIEIRA . Sabe máis e mellor.

Probádeas!!



Comentarios

  1. Adoro <3 hai anos que tenho em mente fazer algo com estas vieiras que adornam as nossas casas nas rias baixas, grazas rula <3

    meni*

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Loli Suárez e un café con Isaac

Por ti, Isaac, volveriámolo facer!

Ana de Vilatuxe, Isaac e a tecelá de soños