Francisco Pazos lembra a obra de Isaac Díaz Pardo
![]() |
Cunca (obra de Francisco Pazos) |
![]() |
Guerreiros en Fefiñáns (obras de Francisco Pazos) |
E Francisco Pazos entra dentro desa categoría, das persoas creadoras que -beben das fontes do país- elaboran monumentos para a nosa fachenda. Como non estarmos felices e satisfeitos ao contemplarmos a Fiestra do Atlántico instalada na Coruña? Un óculo inmenso que en certo grao nos recorda á Fiestra Valdeira de Rafael Dieste... Porén, esta non está baldeira nin carente de contidos, pois a paisaxe, o mar bravo, é marco, lenzo e escenario dunha poesía cicelada no granito.
Esa mesma filosofía é a que trae a peza que Francisco Pazos entrega para honrar a Isaac Díaz Pardo, unha cunca baleirada no granito pero para nada opaca en significados, ferida pero viva, queima pero que terma da cor e da forma... O propio autor sinala dela o seguinte: "Onde acougan os zumes agardando beizos devezosos que biquen a veirada. Cando de infindos croques xa esnaquizada, xusto é compoñela e remendala como tributo ben merecido".
A peza elaborada a propósito para conmemorar o nacemento -centenario- de Isaac lembra un vaso antigo, quixais prehistórico, inspirado nas mesmas augas nas que beberon Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane cando decidiron fundar o Laboratorio de Formas (1963) e as restantes realidades e creacións dun pais aínda por erguer.
Beizóns, mestre, e que o cicel siga a gravar as liñas da nosa historia.
![]() |
Cunca (obra de Francisco Pazos) |
Comentarios
Publicar un comentario