Alfonso Rivero de Aguilar, A Maternidade e Isaac
![]() |
Maternidade (obra de Alfonso Rivero de Aguilar) |
Alfonso Rivero de Aguilar entende a alma da pedra, contempla todo o que posúe no seu interior dende os tres minerais que conforman o granito. Por iso, para deixar que saia o espírito da arte, comeza a cicelar as superficies amorfas pero harmónicas, cunha percusión decidida e musical.
Da experiencia intelectiva, física e ateigada de emocións, xorde un resultado coñecido, que se concibe dende a parcialidade subxectiva, mais sen deixar de afrontar un concepto sen dúbida universal: a maternidade, o nacemento, a nacenza e, por extensión, e perennidade da vida e dos tempos.No colo de pedra, para nada frío -senón tenro e morno, como a mornura do bico- recolle entre as roupas o corpo dunha crianza. Porque se escoita respirar a dozura do granito dende o interior das fendas e, quizais tamén, o fluír da augas amnióticas que regalan vida.
Velaí a sístole e a diástole dunha creación que latexa no recordo! Porque Rivero de Aguilar no momento no que nos entrega esta obra sinala:
"Isaac ten moitas figuras femininas e algunhas maternidades. Eu quixen lembralo cunha muller que leva un neno no colo e un recipiente na cabeza, igual que as súas donas que cargan cunha máquina de coser, unha banqueta ou un mundo de cousas. Un mundo de cousas é o que nos inspira Díaz Pardo".
Beizóns e que discorra a arte dende o ventre até o mar!
![]() |
Maternidade (obra de Alfonso Rivero de Aguilar) |
![]() |
Maternidade (obra de Alfonso Rivero de Aguilar) |
Comentarios
Publicar un comentario