Dende MP1 e para Isaac Díaz Pardo


Dende a Universidade de Vigo gorgolexa unha manda do manancial comunitario: auga mineiromedicinal pública coa que nos mergullamos en saúde e igualdade. O "colectivo" que a trae leva o nome de MP1 -Grupo de Investigación de Medicina e Saúde Pública- que forma parte do departamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde da Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública da Universidade de Vigo. 

A imaxe que nos trae vén acompañada deste fermoso, atinado e poético texto: 

"Arxila creada para recoller líquidos, auga, 
tamén auga mineiromedicinal, que cura por fóra e por dentro.
Isaac sempre na nosa memoria!".

Do equipo de investigación MP1 forman parte os profesores da UdeVigo Lourdes Maceiras García (coordinadora), Dionisio García Pomar e María Elena Padín Iruegas.

Beizóns, saúde, auga pública e medicinal e moita memoria (sen silencios)!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Por ti, Isaac, volveriámolo facer!

UNHA MANDA DE ANTONIO QUESADA RODRÍGUEZ PARA ISAAC DÍAZ PARDO

Ana de Vilatuxe, Isaac e a tecelá de soños