De Eme Cartea para Isaac Díaz Pardo
Castelao en Sargadelos... |
Quen teña coñecemento do que é a Asociación Barbantia non pode ignorar que estamos perante un dos colectivos culturais máis dinámicos e interesantes deste país... Que necesarios e importantes son os premios Sereos da Cultura para honrar a quen honra o noso idioma e todo o que orbita na galaxia das letras e do acervo cultural!! Por iso, ademais, o Café Barbantia recende a poesía, a reflexións sobre o patrimonio, a actividades continuas a prol do que é de todas e todos.
Desta volta, e para conmemorar o centenario de Isaac Díaz Pardo, chega unha manda enviada por Eme Cartea -presidente deste colectivo-, escritor e tradutor... Os versos, fluídos, dinámicos e valentes rezan -dende o profano- un canto pola memoria, o recoñecemento e historia dun xenio creador de mil realidades.
Beizóns, e velaquí o poema, que poderás descargar na súa totalidade premendo na seguinte icona.ISAAC DÍAZ PARDO. POEMA NO SEU CENTENARIO
Isaac, “o que ri”, fillo de Buenaventura Camilo
–artista cuneteado no agosto do trinta e seis–,
un adolescente que case non puido fuxir
e logo emulou a Ana Frank
agochado nun faio.
Entendido e atendido por bos
e xenerosos
e o máis querido e recoñecido polo seu labor,
nacíchesnos republicano de honra e berce,
mais pardal aterrado ao
bordo dos medos.
Fúchelo todo, ceramista,
ensaísta e deseñador,
divulgador, editor amais de ilustrador,
meritorio empresario renovador e rendible
quen de harmonizar arte,
industria e cultura.
Gozaches, vía parental, de
pousos nutricios,
Asorey e Otero Pedrayo, Risco e Castelao,
Blanco Amor, Cabanillas e A. V. Ponte,
árbores sabias dun bosque copioso e amigo.
Eme Cartea
Continúa a lectura aquí
Comentarios
Publicar un comentario