As verdades de Claudio Rodríguez Fer... confiadas a Isaac Díaz Pardo


Claudio Rodríguez Fer é un dos nomes máis destacados do panorama cultural e literario galego. Pero alén da súa calidade, subliñada en multitude de recoñecementos, unha característica del é ser un autor prolífico. Ducias e ducias son as obras que ten lanzado ao público lector, dende a poesía -sobre todo- ao ensaio pasando pola narrativa e o teatro. Incluso participa moi activamente na Recuperación da Memoria Histórica, feito que lle supuxo o Premio Galiza Mártir (2014) pola Fundación Alexandre Bóveda. Unha parte da súa produción literaria verteuse a distintos idiomas (bretón, castelán, catalán, francés, grego, inglés, italiano, portugués, romanés...). Por se isto fose pouco, cómpre non esquecer que participa en espazos universitarios e culturais non só euroupeos, senón igualmente de África e América.

Claudio, ademais, quixo sumarse a esta homenaxe que rendemos a Isaac Díaz Pardo. E gusta de facelo co seu fantástico verso, directo pero versátil, contundente pero modelado coma o caolín antes de ser céramica. Fixádevos que fermosura literaria, gráfica e estética.

Beizóns pola palabra, pero tamén pola memoria!

Apertas tensas!!











Comentarios


  1. Muchas gracias Claudio. Todo una belleza. Tú y Carmen están entre nuestros más queridos

    amigos. Vuestra obra es maravillosa.

    Nosotros estamos confinados desde antes de la pandemia a causa de problemas de salud.

    Vuestros envíos son una verdadera alegría.

    Un abrazo muy fuerte para vosotros y para Galicia de parte de Eduardo y mío.

    Clemy

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Loli Suárez e un café con Isaac

Ana de Vilatuxe, Isaac e a tecelá de soños

Por ti, Isaac, volveriámolo facer!