Dende Títeres Cachirulo para Isaac Díaz Pardo

Chegou Títeres Cachirulo e con eles unha manda  para Isaac a xeito de poema. Escríbeo Jorge Rey, actor, dramaturgo, director e poeta galego nado en Bos Aires que traballa na Galiza dende 1979. Membro do citado grupo de títeres, foi fundador e directivo da Sala Yago (Compostela), Director tanto do Festival Internacional Galicreques como da revista Bululú e Presidente da Asociación Cultural Barriga Verde. Os versos que entrega, en palabras de Jorge Rey, inspíranse nunha vivencia propia e están creados dende "a admiración poa bagaxe cultural que nos deixa o pequeno, pero inmenso artista Díaz Pardo". Dende a súa valoración tamén engade o seguinte:

Isaac Díaz Pardo no Café Tortoni - Buenos Aires
(fonte: Federación de Asociaciones Gallegas)
"Non sei como facía pero sempre parecía ter tempo para todo. Un día pedinlle unhas letras para o programa do Galicreques, creo que o do ano 1999, e aos dous días xa o tiña deixado na taquilla do Yago, o texto e un debuxo".
Verbo das liñas que nos achega, Jorge Rey sinala algo que nos parece crucial na figura de Díaz Pardo dentro dos contextos do galeguismo, a terra e o exilio:
"Era un home dunha xenerosidade moi grande, a min lembrábame aqueles galegos que visitaban a Arturo Cuadrado en Bos Aires, sempre falando de Galicia, dos compañeiros republicanos, organizando conferencias, debates, presentacións de libros… Eu era moi novo e non tiña unha idea tan presente do que Galicia e a súa lingua significaba para eles; foi tempo despois, cando xa recollido nesta terra, coñecín os lugares onde naceran meus pais. Aí comprendín moitas, cousas que lles escoitara aos galegos do exilio e que tanto me evocaba Isaac, penso que axudou e salvou a moita da nosa xente".
Deimos, por aquí, o poema tal e como se nos fixo chegar. Beizóns.



Comentarios

  1. Tiña tempo para todo, unha gran xenerosidade que axudou e salvou a moita xente, di Jorge.
    Salvou ao país da impostura xeral, axudou á cultura, fixo que a industria non fora allea, que creramos algo no noso, prestouno un orgullo que non tiñamos e a dignidade que nos correspondía (e perdemos).

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Por ti, Isaac, volveriámolo facer!

UNHA MANDA DE ANTONIO QUESADA RODRÍGUEZ PARA ISAAC DÍAZ PARDO

Ana de Vilatuxe, Isaac e a tecelá de soños