De Ángel Utrera a Isaac Díaz Pardo


Dende as terras de Agolada vén unha manda a xeito de colaxes deseñados por Ángel Utrera Baza. En ambas obras mestúrase a cor e o branco e negro, e con elas intenta facer o autor unha retrospectiva vital de Isaac Díaz Pardo.

Comenta Ángel, cun galego correctísimo malia non ser natural do noso país, que a primeira das obras "trata de pór en valor a obra pictórica fundamentalmente de Diaz Pardo, a través da xente do pobo, labregos que el plasmou nos seus lenzos, dun xeito visceral e duro, coma a mesma terra".

No que atinxe á segunda das pezas sinala: "pretendo máis ben deixar plasmada a ollada do `propio Díaz Pardo a través das fotos: algunhas da súa vida, en escenas cotiás de familia, traballo e amigos". Dito noutras verbas "o lado mais persoal e humano do artista".


O autor das composicións -como bo artista que é, defensor e divulgador do patrimonio galego amais de recoñecido fotógrafo- advirte que "as fotos son públicas, non da miña propiedade, están e circulan libremente por internet como expoñente da súa obra e personalidade, e eu unicamente elixín as que me impactan dun xeito mais expresivo".

Beizóns, artista!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Por ti, Isaac, volveriámolo facer!

UNHA MANDA DE ANTONIO QUESADA RODRÍGUEZ PARA ISAAC DÍAZ PARDO

Ana de Vilatuxe, Isaac e a tecelá de soños