UNHA MANDA DE IO MORALES SÁNCHEZ PARA ISAAC DÍAZ PARDO

Inspirada pola vaixela portomarínica, nos seus debuxos xeométricos de combinacións cuadrangulares ou rómbicas que se incrustan na cerámica, as agullas de Io foron creando unha nova oroxénese artística, unha realidade usábel no cotiá... Porque a inspiración de Isaac, deste xeito e xunto a de Io, tamén nos dá alumiño de tenrura, ganduxando lembranza e actualización. 

Co gallo desta efeméride, Io Morales Sánchez súmase á iniciativa promovida por Alento Esbravexo: visibilizar a Isaac Díaz Pardo no centenario do seu nacemento. A autora, sen dúbida unha verdadeira "artista e artesá téxtil", elabora un xersei en la "meriña" totalmente vinculado á xeometría icónica que outrora deseña Isaac para a súa cerámima. Io, cuxa vida discorre de Fisterra a Compostela (en analoxía ás terras liberadas que soñou Novoneyra), gusta de realizar esta súa manda na técnica denominada tricó. 

Velaquí vos deixamos varias imaxes dela.


Xersei Portomarínico
(autora: Io Morales Sánchez)

Xersei Portomarínico
(autora: Io Morales Sánchez)

Xersei Portomarínico
(autora: Io Morales Sánchez)

Xersei Portomarínico
(autora: Io Morales Sánchez)

Xersei Portomarínico
(autora: Io Morales Sánchez)a






Comentarios

Publicacións populares deste blog

Por ti, Isaac, volveriámolo facer!

UNHA MANDA DE ANTONIO QUESADA RODRÍGUEZ PARA ISAAC DÍAZ PARDO

Ana de Vilatuxe, Isaac e a tecelá de soños