Manda de Dores Lobato para Isaac

Dores Lobato escribe a súa historia de soños azuis empregando o verso, revertendo o imaxinario no real para conseguir recordos. Escribe para non esquecer o eterno da beleza e das alfaias creadas por Isaac. Velaquí o verso libre que nos libera dos prexuízos para tocar coa puntiña dos dedos a utopía. Velaquí esta marabilla que Dores fixo palabra.

Tenho lavado os olhos nos teus sonhos azúis,
agarimoso ser atemporal, 
mentras me (I) lusionaba coas cores da noite 
e (S) trelada da terra amada, 
do (A) mor eterno á bela-velha terra. 
E (A) inda mantenho as mans abertas 
e a utopía inta (C) ta, 
saudoso desenhador de enfeites 
pra non-meigas.

                                                        Dores Lobato 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Por ti, Isaac, volveriámolo facer!

UNHA MANDA DE ANTONIO QUESADA RODRÍGUEZ PARA ISAAC DÍAZ PARDO

Ana de Vilatuxe, Isaac e a tecelá de soños