De Xesús Rábade para Isaac Díaz Pardo

Xesús Rábade Paredes é un deses persoeiros galegos que se ten entregado, dende hai ben tempo, ao servizo da cultura da Nosa Terra, á difusión e dignificación do idioma, á creación intelectual e a un ronsel de proxectos innumerábeis. 

Os seus libros de poesía, ensaio e narrativa beben -en manancial puro- da auga do país, mais tamén se ten mergullado no eido da tradución e participado nun océano de obras colectivas. 

Desta volta, para relembrar a Isaac, tráenos unha acaída reflexión e esta imaxe serigráfica que o artista compostelán elaborara por 1993. 

Velaquí as verbas coas que Rábade nos agasalla:


OS OLLOS DE ISAAC 

Isaac tiña os ollos inmensos, abraiados, como para catar o seu naufraxio e todos os naufraxios. As figuras da xente que pintou levan incorporado o espanto na mirada. Tal como nesta estampa serigráfica, o diálogo é de xestos e de olladas. 

Xesús Rábade Paredes


Comentarios

  1. Os ollos de Isaac nas fotos que cubren a súa biografía e os ollos que el pinta son os mesmos. Ti acertas a nomealos: ollos de espanto. Os ollos de quen veu o horror e tivo que vivir con esa mirada.
    Grazas, Rábade, por estar aquí, tamén!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Por ti, Isaac, volveriámolo facer!

UNHA MANDA DE ANTONIO QUESADA RODRÍGUEZ PARA ISAAC DÍAZ PARDO

Ana de Vilatuxe, Isaac e a tecelá de soños