De Ramón Nicolás a Isaac Díaz Pardo
Quen non coñece a Ramón Nicolás non sabe dun dos maiores e mellores críticos literarios galegos, non sabe do seu labor docente e moito menos da literatura que gusta de crear. O ensaio, a narrativa, a tradución e a edición son varios dos eidos nos que se ten mergullado con mestría, e aínda que os premios non o son todo a verdade é que demostran a valía dalguén se debe escribir con caracteres maiúsculos.
Alén disto, Ramón fixo chegar a "Alento Esbravexo" unha comunicación para recordar ao benquerido Isaac Díaz Pardo, e entrégaa co obxecto de ter presente o documento histórico que a acompaña.
Mais que este agasallo o describa o escritor coas súas propias palabras.
"No ano 1970 Isaac Díaz Pardo remítelle esta carta a Celso Emilio Ferreiro, naquela altura exiliado en Caracas, onde comenta extremos do que pouco despois sería un proxecto innovador, concibido desde a modernidade enraizada coa tradición que proxectaba desde aquela fábrica de soños que foi Ediciós do Castro e que en 1970 aparecería baixo o título de Cartel de Cego. Paco Pixiñas. Historia dun Desleigado contada por el mesmo. Romance de Aristides Silveira cun limiar tirado de proverbios do conde de Vimioso (o vello) e un epilogo de Celso Emilio Ferreiro. Música de Isidro D. Maiztegui. Dibuxada por Diaz Pardo.
Vaia este pequeno rescate como homenaxe a un artista interdisciplinar e irrepetible que, pasados os anos, agranda a súa figura".
Moitas grazas a Ramón Nicolás, por achegar este documento e o seu sentir a Alento esbravexo.
ResponderEliminarSempre podemos contar con el.
Sempre nos acompaña nos percorridos de risco.
Un aval para todo tempo!
Graciñas, Pilar, moi amable!
Eliminar