De Nuria Gómez Domínguez a Isaac Díaz Pardo
Isaac Díaz Pardo (autora: Nuria Gómez) |
Porén, ela mesma tamén nos conta que "o pouquiño tempo que me pode quedar libre (...), con partidos as fins de semanas" dedícao a debuxar, pois é unha das súas verdadeiras paixóns. A varias/os de nós gústannos moito as súas caricaturas, boa parte elaboradas en grafito mais de cando en cando emprega cor. Velaquí a que realizou de Isaac Díaz Pardo como tributo e recordo do centenario do seu nacemento. A peza, a xeito de manda, carrexa simbolicamente varios elementos que vinculan a Isaac coa súa traxectoria vital e profesional: "unha figuriña de cerámica, xa que foi ceramista (...), o periódico La Voz de Galicia" pois desempeñou labores nos campos do ensaio e da crítica, e nun dos laterais tamén aparece o "Laboratorio de Formas, constituído por destacados galeguistas (como Luís Seoane)". A ver que vos parece.
Comentarios
Publicar un comentario