De Helena Villar Janeiro a Isaac Díaz Pardo

Coma a fragracia da roseira, Helena Villar Janeiro vai deixando un ronsel de flores poéticas, ensaísticas e narrativas máis ca relevantes dentro da produción cultural galega. E déixao cos libros de literatura infantil, cos versos que se comprometen coa terra e a memoria e cos paseos que recordan a palabra daquelas persoas que nos precederon. A calidade literaria da autora é totalmente tanxíbel, como así acontece co compromiso que profesa a aquelas personalidades que foron quen de sementar esperanza e engrandecer esta terra atlántica bicado polo Cantábrico. Esas dúas liñas conflúen en moitas ocasións, e bo exemplo disto é o que se recolle no poema que dedica a Isaac Díaz Pardo. Beizóns


UNHA MANDA PARA ISAAC

Sempre buscamos en Isaac a memoria
coa fe coa que se acode a un cenobita
do Templo do Monxoi.

Creaba Isaac obxectos para gardar memoria
e era fonte manando ese milagre
que alimentan devotos urdidores de fíos
no tear dos recordos,
e tamén compostores do discurso poético
no tear das palabras.

Helena Villar Janeiro

Comentarios

  1. Urdime e auga que mana. Que ben escollidos os conceptos!
    Porque no seu tear creábanse os cacharros da casa familiar e patria, e nun vídeo escoiteille dicir que toda a forza de Sargadelos estaba nesa presa que non deixaba de manar dende había séculos.
    Grazas, Helena, polo eu poema que mana e tece.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Por ti, Isaac, volveriámolo facer!

UNHA MANDA DE ANTONIO QUESADA RODRÍGUEZ PARA ISAAC DÍAZ PARDO

Ana de Vilatuxe, Isaac e a tecelá de soños