De Francisco Remiseiro a Isaac Díaz Pardo

Francisco Remiseiro é deses artistas nos que a súa obra impacta de vez, non só pola precisión técnica senón tamén polos contidos simbólicos, surrealistas, encriptados... Herdeiro da tradición dos imaxineiros barrocos, as súas pezas foron expostas en moitos recunchos do mundo: dende Galiza a Barcelona, Salamanca, Sevilla, Canadá, Dinamarca, Hungría, Lituania, Siria, Varsovia... Natural do concello de Barro, lévanos ao seu estudo e facilítanos unha imaxe da súa última xilografía, coa que conmemora a Isaac Díaz Pardo dende a súa faceta de deseñador de mobles.

Cadeira baleira é o título deste gravado, de 126 X 172 mm nas súas dimensións, que recrea aquela cadeira antropomorfa deseñada por Isaac. Está impreso en washi xaponés elaborado con febra de kozo,  papel que se fabrica nunha técnica que observa un profundo respecto coa natureza (o mesmo respecto que ten Remiseiro á hora de tallar as súas obras). En 2014 esta técnica foi declarada Patrimonio Cultural da Humanidade, e en washi confecciónanse estampas ukiyo-e ou shodo (caligrafía xaponesa). Quizais Remiseiro, ao empregar este papel, busque suxerir o respecto que debemos ter por Isaac Díaz Pardo, figura que é, sen dúbida, "patrimonio nacional da nosa humanidade". Agardo que vos encante tanto coma a nós.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Por ti, Isaac, volveriámolo facer!

UNHA MANDA DE ANTONIO QUESADA RODRÍGUEZ PARA ISAAC DÍAZ PARDO

Ana de Vilatuxe, Isaac e a tecelá de soños