De Elixio Vieites a Isaac Díaz Pardo

Elixio Vieites, alén de ser un gran coñecedor, percorredor de mundos vinculados coa historia e a arqueoloxía, activista cultural e catalogador do noso patrimonio nacional, é técnico no Centro Dramático Galego. Moitas persoas témolo coñecido mercé dos seus artigos publicados en historiadegalicia.gal ou de formar parte dese fantástico patrimoniogalego.net, pois deste último é un dos seus membros e editores. Neste sitio vai engadindo centos de lugares vinculados coa Nosa Terra (identidade, historia e arqueoloxía), como un catálogo xeral de todo o que nos é propio dende a cultura material. Pero para el, dentro do patrimonio de todas e todos os galegos, tamén ocupa un  espazo principal o egrexio Isaac Díaz Pardo.

Elixio, na súa memoria, tráenos unha fotografía tremendamente simbólica e chea de información, malia seguir unha corrente minimalista na forma que, para nada, o é dende os contidos: resulta unha explosión informativa tras a simplicidade visual (ás veces tan complicada de acadar). Comenta o seguinte ao respecto:

"Facer que a arxila da terra se converta en cultura, identidade e riqueza.. Se cada un de nós collese un anaco de país e o transformase aportaría o seu gran de area ,e nunca mellor dito. De calquera materia pode xurdir o sublime".

Tamén engade:

"A foto foi sacada en posición cenital enriba da herba con Cámara Canon Eos 100. Vemos unha peza de Sargadelos, que está sempre con nós e adoita ter flores, Ao seu lado unha pedra granítica de cor branca que representaría a materia sen traballar. O contraste entre o primixenio telúrico e o elaborado culturalmente".

A teor disto, sobra calquera comentario.

Comentarios

  1. As grazas nunca sobran... e hai que darllas a Elixio por tanto canto fai e de maneira tan caladiña, tapándose cos panos grises das tramioas ou co patrimonio case oculto.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Por ti, Isaac, volveriámolo facer!

UNHA MANDA DE ANTONIO QUESADA RODRÍGUEZ PARA ISAAC DÍAZ PARDO

Ana de Vilatuxe, Isaac e a tecelá de soños