MANDA DE ENCARNA OTERO PARA ISAAC
A historiadora e política nacionalista galega Encarna Otero gusta de agasallar a Isaac con este par de imaxes. Con elas cavilamos todas/os e iniciamos os recordos...
Coa primeira indica:
"O pracer da leitura partillada tomou forma para sempre en Sargadelos".
A segunda vén acompañada desta reflexión:
"O mundo e a vida colleron forma, cor, movemento e ledicia co caolín galego e a as mans e o alento de tantas xentes que Isaac Díaz Pardo uniu no proxecto Sargadelos – O Castro, un dos símbolos culturais e empresariais de Galiza".
Un par de mandas, relacionando pezas que forman parte da casa, co significado que cada unha de nós lle dá e co significado que tivo é ten Díaz Pardo para o país.
ResponderEliminarGrazas, Encarna, compañeira de Na varanda, Plataforma Galeras e tantos proxectos...