NO DÍA NACIONAL DE GALIZA, UN ALENTO ESBRAVEXO PARA ISAAC
Carroza alusiva ao Batallón Literario Compostelán. Deseño de Camilo Díaz (ano 1932) para conmemorar o Día Nacional de Galiza |
As persoas que constituímos Alento Esbravexo queremos conmemorar este Día Nacional de Galiza tendo presente dúas figuras fundamentais do noso país: Isaac Díaz Pardo e Camilo Díaz Baliño.
O primeiro deles, dende Sargadelos e Cerámicas do Castro, entregou (xunto con todo o seu equipo) un número moi significativo de emblemas galegos: "graais" protexidos polas cidades titulares das antigas sete provincias.
Camilo Díaz Baliño
Cartela para a carroza alusiva á provincia de Ourense |
Ademais esas pezas cerámicas, con cruces e cálices, non deixan de nos lembrar a aquel gran Camilo Díaz Baliño, pai de Isaac, asasinado en Palas de Rei un 14 de agosto de 1936. O mestre da cartelaría e escenografía galegas, artista plástico das Irmandades da Fala, adoitaba lanzar na primeira plana dalgúns xornais unha estampa -simbólica e icónica- para conmemorar o Día Nacional de Galiza.
Como non lembrar aquel proxecto do ano 1932 no que Camilo deseña unhas carrozas alegóricas para a "Gran Festa Galega do 25 de xullo en Santiago de Compostela"!
Como non lembrar aquel proxecto do ano 1932 no que Camilo deseña unhas carrozas alegóricas para a "Gran Festa Galega do 25 de xullo en Santiago de Compostela"!
Divulgar a identidade dende os produtos cerámicos
Camilo Díaz Baliño, por Ksado |
E esa tradición, inaugurada polos galeguistas, por Camilo Díaz e outras/os artistas galegos/as (pensemos tamén en Uxío Souto) serviu para crear ou, mellor dito, para reconstruír un "imaxinario colectivo" propiamente galego, o mesmo que Díaz Pardo e Seoane asumen como propio. Velaí que se manifeste en centos (quizais milleiros) de pezas cerámicas que recollen a nosa historia, a nosa memoria, a Nosa Terra.
Oxalá esas efixies e emblemas na nosa nacionalidade (sic. nación) que decoran as casas de milleiros de galegas e galegos, as paredes de moitos despachos, os mobles de oficinas... se penduren na nosa ánima colectiva. Deste xeito han ser certificados dunha nosa identidade que se remonta máis aló do medievo, que se reencontra coa cultura Celta e conecta co tempo dos megalitos.
TERRÖ,Ö NOSÖ!!!
A nosa MEMORIA alimentada... Grazas.
ResponderEliminar