O ilustrador e escritor
Antonio Seijas entrega esta manda a
Isaac Díaz Pardo a xeito de retrato. Totalmente identificábel vese á alma mater de Sargadelos rodeado dun bosquexo cunha figura antropomorfa e unha vaca.

Evidentemente pon en contacto a Isaac con aquela ilustración que en 1967 deseña para o libro
Memorias dun Neno Labrego, de
Xosé Neira Vilas. A edición dese libro ve a luz dende
Ediciós do Castro en 1969. Seijas, inspirado pola produción plástica de Díaz Pardo, tamén bosquexa na súa ilustración unha muller protexida por unha galla.
Fantástico!!!
ResponderEliminar